Ir o contido principal

Faíscas Culturais

Emprego das novas tecnoloxías como ferramentas de difusión da exposición Afectos Dixitais

12.12.2024 | 12.30h e 19.12.2024 | 16.00h-17.30h

Santiago de Compostela
Aula 1.4 e Salón Artesoado do Colexio de Fonseca

A nova edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, están transformándose coa aparición dos medios dixitais

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O estudantado da materia 'Tecnopolítica e redes sociais' do máster universitario en Tecnoloxías en Márketing e Comunicación Política realizará, o 12 de decembro ás 12.30 horas no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca, unha visita á exposición Afectos Dixitais guiada polo comisariado desta. Xa o 19 de decembro, de 16.00 a 17.30 horas na aula 1.4 da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, realizará un programa divulgativo en Twitch en directo sobre a exposición e a súa relación coa Ciencia Política.

A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título 'i-Emotions: Afectos Dixitais', esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición 'Afectos Dixitais' sobre como as relacións afectivas, tanto políticas como persoais, están transformándose coa aparición dos medios dixitais. 

Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2024.