Encontro con Jesús Madriñán

'A viaxe interior' é o último dos cinco Encontros fotográficos que se inclúen dentro da programación da Primavera Cultural. Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
Jesús Madriñán é o relator deste encontro que terá lugar na Casa do Saber o 4 de abril en horario de 17.00 a 20.00 horas e no que é posible inscribirse ata unha semana antes do comezo do encontro ou ata completar as prazas. Nesta ligazón pódese acceder á información sobre como realizar a matrícula.
Jesús Madriñán (Santiago de Compostela, 1984) utiliza a fotografía analóxica de gran formato para reinterpretar e actualizar o retrato como xénero artístico. A súa produción nace da subversión da fotografía de estudio, superando os seus parámetros habituais para nutrirse do paradoxo derivado de empregar técnicas tradicionais (cámara de placas) en situacións inevitablemente espontáneas e inaprensibles. Froito desta contradición xorden series como Good Night London (2011), Boas noites (2013), Dopo Roma (2016), I Am Light (2019), ou Washington Store (2023). O resultado é un conmovedor retrato xeracional no que prevalecen valores como a xuventude, a diversidade e la tolerancia. A traxectoria de Jesús Madriñán conta con numerosas exposicións individuais, entre as que destacan: I Am Light -Centro Galego de Arte Contemporánea-, Mil noches y una noche -Centre del Carme, Valencia-, Good Night -Photo IS:RAEL, Tel-Aviv- El tiempo revelado -Centro de Arte Alcobendas-, Washington Store -Embajada de España nos EEUU- e las dedicadas á súa serie Good Night London no Centro Cultural Kavlin de Punta del Este, Uruguay, e nos Centros Culturales de España en México D.F. e Montevideo. Ademais, participou en prestixiosos festivais e feiras de arte como Paris Photo, Unseen Amsterdam, Photo London, ARCO, ou os International Photography Awards de Nueva York.
