Ir o contido principal

Exposición 'Un achado excepcional: 25 anos da Domus do Mitreo’

31.01.2025-31.03.2025

Lugo
Museo Domus do Mitreo

Imaxe da Domus do Mitreo
Imaxe da Domus do Mitreo

Hai 25 anos tiña lugar na cidade de Lugo un descubrimento arqueolóxico excepcional. Con motivo da reforma do Pazo de Montenegro para convertelo en sede da Vicerreitoría do Campus, atopáronse os restos dunha domus romana moi ben conservada que tiña un mitreo no seu interior. O achado tiña un valor científico notable, pois este templo dedicado ao deus Mitra é un dos escasísimos coñecidos na Península Ibérica e o mellor conservado, polo que se converteu en obxecto de estudo para a investigación internacional.

O Museo Universitario Domus do Mitreo conmemorará este acontecemento cun programa de actividades que se sucederá ao longo de todo o ano que inclúen desde actividades didácticas para os centros de ensinanza, obradoiros en familia impartidos por docentes da USC, ciclos de conferencias que divulgarán as últimas investigacións sobre a domus a un coloquio internacional que convocará o mellor persoal investigador sobre os mitreos domésticos.

A través de 12 paneis con fotografías, moitas delas inéditas procedentes do arquivo do arqueólogo-director, C. Rodríguez Cao, mostrarase a súa evolución desde a escavación ata a musealización. Poderá verse a complexidade da escavación e da restauración do seu material, a investigación e o museo actual. Estará aberto os meses de febreiro e marzo na sede do museo.

A exposición pode verse ata o 31 de marzo, de martes a sábado, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, e os domingos e festivos, en horario de 11.00 a 14.00 horas.

Cartel da exposición
Cartel da exposición
Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.02.2025.