Un proxectivo expositivo-colaborativo de investigación emocional, plástica e estética sobre o trastorno narcisista

O Salón Artesoado do Colexio de Fonseca acolle a partir do 11 de marzo a exposición 'Narcisa e os monos voadores', un proxectivo expositivo-colaborativo de investigación emocional, plástica e estética sobre o trastorno narcisista, xestado por Ana Costas para as artistas Ruth Lodeiro, Montse Rego, MX Fernández, Ricardo de Campos, Alma Pérez, Marita Carmona, María Xosé Díaz e Rita Más Ibáñez, coa colaboración de Carlos Villanueva. A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández, presidirá a inauguración ás 12.00 horas, e nela tamén intervirá Ana Costas.
A mostra consta de oito pezas, resultado da interpretación dos 8 conceptos que se lle asignou a cada artista e unha peza en audio que reproduciré en bucle a voz da súa propia creadora, Rita Más Ibáñez: interpretación da 'Envexa' por Montse Rego, do 'Egoísmo' por María Xosé Díaz, da 'Mezquindade' por María X. Fernández, da 'Traizón' por Ana Costas, da 'Mentira' por Ricardo de Campos, da 'Vanidade' por Ruth Lodeiro, da 'Hipocrisía' por Marita Carmona, da 'Mediocridade' por Alma Pérez, e da 'Narcisa' por Rita Más Ibáñez.
Pode visitarse ata o 26 de abril de luns a sábado, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.
