Ir o contido principal

Faísca cultural 'Laboratorio de ficcións especulativas'

15.09.2025-27.02.2026

Santiago de Compostela

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O programa da Faísca Cultural ‘Laboratorio de Ficcións Especulativas’ toma como punto de partida a exposición Ficcións Especulativas. As diversas actividades buscan crear espazos de encontro entre a creación artística e o pensamento crítico arredor de formas alternativas de inventar, de xerar novos discursos e  de construír coñecemento. Conectando o saber académico coas linguaxes e procesos da arte contemporánea, os eventos programados buscan expandir a reflexión entre o estudantado das diferentes facultades.

Esta Faísca formula unha viaxe polo territorio onde a ciencia, a ficción e o marabilloso se entrelazan. A exposición, que reúne o traballo de máis de doce artistas, parte da idea de que toda hipótese científica nace como unha ficción: unha ollada cara ao futuro ou un intento de ver máis alá. A través da imaxinación, da ciencia ficción e dos oráculos, as creadoras e creadores participantes exploran como estes recursos axudan a concibir o mundo que está por vir e a repensar o presente que habitamos. Así, desenvolveranse  coloquios, visitas guiadas, conferencias, aulas ou obradoiros que buscarán activar a curiosidade crítica das persoas participantes. A participación nas actividades é libre para toda a comunidade universitaria ata completar a capacidade dos espazos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.10.2025.