A nova edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, están transformándose coa aparición dos medios dixitais

O coreógrafo Javier Martín convidará ás persoas participantes neste laboratorio, coordinado polo profesor Federico López Silvestre, a afinar a súa percepción a través de conceptos, técnicas e exercicios para comprender as relacións entre as sensacións físicas e as linguaxes que empregamos e que median a nosa conciencia.
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título 'i-Emotions: Afectos Dixitais', esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición 'Afectos Dixitais' sobre como as relacións afectivas, tanto políticas como persoais, están transformándose coa aparición dos medios dixitais.
