23.04.2025 | 20.30h

Microaberto é unha actividade incluída na programación da Primavera Cultural. Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.
A próxima sesión de Microaberto terá como artista convidado a Verter Gz (acústico) e terá lugar o 23 de abril, ás 20.30 horas, na cafetería da Facultade de Administración e Dirección de Empresas.
Tes unha canción, un texto, unha poesía, un monólogo que queiras compartir? Esta é unha oportunidade. Inscríbete no formulario antes do 21 de abril e forma parte do próximo microaberto! Para máis información, chama ao teléfono 982821513.