Ir o contido principal

Faíscas Culturais

As novas tecnoloxías na rehabilitación neuropsicolóxica do dano cerebral adquirido: a memoria autobiográfica, do SENSECAM ao cyborg

21.11.2024 | 10.00h

Santiago de Compostela
Laboratorio de Neuropsicoloxía

A nova edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título 'i-Emotions: Afectos Dixitais', esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición 'Afectos Dixitais' sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais. 

O 21 de novembro, ás 10.00 horas no laboratorio de Neuropsicoloxía da Facultade de Psicoloxía, o estudantado do máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria, coordinado pola profesora Montserrat Corral Varela, realizará unha actividade centrada no cyborg como ser formado por materia vida e dispositivos electrónicos. O estudantado reflexionará sobre as interfaces biolóxicas humano-máquina na atención a persoas con dano cerebral adquirido con amnesia. En concreto, analizarase a obra 'Transplant' de Quimera Rosa.

A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.

Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2024.