A nova edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, están transformándose coa aparición dos medios dixitais

Na performance Proxecto RAM o coreógrafo Javier Martín preguntarase pola imaxe do mundo que constrúen as tecnoloxías actuais e como afectan á propia construción dos seres humanos. A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título 'i-Emotions: Afectos Dixitais', esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición 'Afectos Dixitais' sobre como as relacións afectivas, tanto políticas como persoais, están transformándose coa aparición dos medios dixitais.
