Ir o contido principal

Proxección do filme 'A hora da estrela'

26.03.2025 | 19.30h

Lugo
Salón de Actos da Casa do Saber

Filme A hora da estrela
Filme A hora da estrela

O Club Cultural Valle-Inclán proxecta 'A hora da estrela', de Suzana Amaral (Brasil, 1985, 96 min, VOSE), dentro do seu ciclo de filmes dirixidos por mulleres. Será o mércores 26 de marzo, no Salón de Actos da Casa do Saber, ás 19.30 horas.

Esta actividade está incluída na programación da Primavera Cultural e desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.

A entrada é de balde para a comunidade universitaria.

Cartel do filme
Cartel do filme
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.02.2025.