19.03.2025 | 19.30h

O Club Cultural Valle-Inclán proxecta 'Secaderos', de Rocío Mesa (España, 2022, 95 min, VOE), dentro do seu ciclo de filmes dirixidos por mulleres. Será o mércores 19 de marzo, no Salón de Actos da Casa do Saber, ás 19.30 horas.
Esta actividade está incluída na programación da Primavera Cultural e desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.
A entrada é de balde para a comunidade universitaria.
