Ir o contido principal

Faíscas Culturais

Teorías filosóficas das emocións, creatividade e intelixencia artificial

17.12.2024 | 16.00h

A nova edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título 'i-Emotions: Afectos Dixitais', esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición 'Afectos Dixitais' sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, se están transformando coa aparición dos medios dixitais. 

O 17 de decembro, de 16.00 a 17.30 horas no Seminario Nussbaum (109) da Facultade de Filosofía, o estudantado da materia Mente Humana do máster en Filosofía Coñecemento e Cidadanía, coordinado polo profesor Xavier de Donato, explorará as teorías filosóficas das emocións, creatividade e intelixencia artificial e realizará unha visita á exposición no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca.

A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.

Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2024.