Os obxectivos do curso son estudar as liberdades de creación e interpretación desde os puntos de vista xurídico e musical; analizar as formas de interpretación de ambas disciplinas e ver as sinerxias existentes; debater sobre o papel da IA na interpretación ou creación do dereito e da música; utilizar o instrumento do órgano como exemplo de diferentes formas de interpretación dunha mesma partitura, facendo paralelismos coas diferentes formas de interpretación xurídica.
Dirección: Julia Ammerman Yebra
Secretaría: Hernán Cortez López e Ernesto Sarrión Hernández
Lugar de celebración: Facultade de Dereito da USC e Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela
Web propia: deconflictulegum.usc.gal
PROGRAMA
Mércores 26 de xuño
11.30 h
Acreditación e Inauguración
12.00 h
A lei como partitura ou a partitura como lei
Jesús Delgado Echeverría, Catedrático de Dereito civil da Universidade de Zaragoza
12.45 h
A ‘capacidade artística’ do xurista: a creación do Dereito como Arte?
Encarnación Roca Trías, Catedrática de Dereito civil da Universidade de Barcelona e Maxistrada do Tribunal Supremo (2005-2012) e do Tribunal Constitucional (2012-2021)
13.30 h
Debate e preguntas
14.00 h
Pausa comida
16.00 h
Taller I: A interpretación dos textos xurídicos e os seus límites: exemplos do Código civil
Marta Otero Crespo - Profesora contratada doutora de Dereito civil e Directora da área Académica da USC
16.45 h
Debate cos alumnos e preguntas
17.15 h
Pausa
17.45 h
Taller II: Paralelismos xurídico-musicais entre interpretación e creación.
O Convenio de Berna: creacións artísticas e dereitos morais a escala internacional
José Núñez Cerviño, Investigador predoutoral de Dereito Internacional Privado da USC
O dereito penal fronte ao plaxio de obras musicais
María Castro Corredoira, Profesora de Dereito Penal da USC
20.00h
Fin da primeira xornada do curso
Xoves 27 de xuño
10.00
Que se entende por liberdades de creación e expresión artística? Estado actual dun dereito constitucionalmente protexido
María Paz García Rubio, Catedrática de Dereito Civil da USC e membro da Comisión de Codificación, sección civil, do Ministerio de Xustiza
10.45
Liberdade de creación dos compositores musicais
Joam Trillo, Compositor e profesor de composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo
11.30
Debate e preguntas
11.45
Pausa café
12.15
O concepto de autenticidade na interpretación de Música Antiga
Carlos Villanueva Abelairas - Catedrático de Música da USC e membro do Grupo Organistrum
13.00
A creación e a interpretación de obras -xurídicas e musicais- en tempos de Intelixencia Artificial xenerativa
Julia Ammerman Yebra, Profesora axudante doutora de Dereito civil
13.30
Debate e preguntas
14.00
Pausa comida
16.00
Liberdade e creatividade na interpretación da música para Órgano
Marisol Mendive Zabaldica, Profesora de Órgano e Concertista
17.00
Taller III na Igrexa da Universidade: Historia do Órgano e o seu funcionamento
Alejandra Escolante Mújico, Irma Fernández Alonso, Julia Ammerman Yebra
Membros da Asociación de Amigos do Órgano de Ourense ‘Un rato no tubo’
18.30
Pausa
19.00
Concerto de órgano a cargo de Marisol Mendive, Profesora de Órgano e Concertista
20.00
Fin da segunda xornada
Venres 28 de xuño
10.00
Cultura. Cal? Fomento público da cultura e contratación administrativa da música
Juan Antonio Ureña Salcedo, Profesor Titular de Dereito Administrativo da Universitat de València
10.45
Debate
11.45
A interpretación de normas análogas desde o Dereito comparado
Hernán Cortez López, Doutorando de Dereito Civil da USC
12.00
Pausa café
12.30
Debate final do curso e conclusións.