Iniciativa formativa ao redor da investigación do movemento. Campus de Santiago de Compostela.
A compañía de danza universitaria dedícase á creación e investigación do movemento e a composición coreográfica no ámbito da danza contemporánea, que dará como resultado unha peza que se presentará posteriormente ao público. A proposta final será o froito do traballo no curso de Danza contemporánea II utilizando material traballado e a posta en común de propostas do alumnado.
Requisitos de acceso: participar no curso de Danza contemporánea II ou ter pertencido á compañía de danza da USC en anos anteriores.
Duración: do 7-10-2024 ao 30-06-2025.
Horario: os luns, de 20:00 a 21:30 h (50 horas).
Lugar: no Comedor do Pazo de Fonseca (entrada polo xardín). Rúa do Franco, s/n.
Número de prazas: 10.
Prezo: Gratuíto. Só comunidade universitaria.
Actividade recoñecida con 2 créditos ECTS.
Matrícula
Para inscribirse, hai que mandar un correo electrónico a: area.cultura [at] usc.gal (area[dot]cultura[at]usc[dot]gal)
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es