Curso enfocado en coñecer e mellorar o teu corpo. Campus de Santiago de Compostela
Curso enfocado en coñecer e mellorar o teu corpo. Traballamos por medio de secuencias do movemento á fluidez, facendo desas secuencias unha danza corporal, mellorando a flexibilidade, coordinación e o equilibrio, e así atoparnos ben física e psíquicamente aprendendo a relaxarnos. É unha ferramenta imprescindible para tomar conciencia do que somos e como somos. Facilita e axuda a calquera disciplina ximnástica, dancística e artística.
Requisitos: non se requiren coñecementos previos. Accesible para todas as idades.
Profesora: Rosa Acuña
Duración: 29-09-2025 a 16-03-2026 (30 horas)
Horario: luns, 16.00 a 17.25 horas.
Lugar: Comedor do Colexio de Fonseca (entrada polo xardín). Rúa do Franco, s/n.
Prezo: membros da comunidade universitaria 150 euros / taxa xeral 190 euros
Número de prazas: mínimo 5 e máximo 20.
Recoñecemento de créditos (todas as titulacións de grao da USC): 1 crédito ECTS
Matrícula
Inscrición aberta do 8 ao 26 de setembro de 2025 na seguinte ligazón: MATRÍCULA
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es