Ir o contido principal
A XXIX edición do Festival Internacional de Teatro Universitario celébrase en abril de 2025
Imaxe do cartel

O XXIX Festival Internacional de Teatro Universitario da USC abre en Compostela do 11 ao 15 de febreiro unha fiestra ás creacións teatrais desenvolvidas polas compañías de teatro universitario das contornas galega, estatal e europea. Ademais da Aula de Teatro da USC, nesta edición participan as escolas de teatro das Universidade de Castilla-La Mancha, de Jaén, de Vilnius Gediminas de Lituania e de Beira Interior de Portugal.

Todas as representacións desenvolveranse no Salón Teatro de Santiago de Compostela ás 20.30 horas e a entrada é de balde previo paso pola billeteira, que abrirá cada día ás 19.00 horas. 

Programa
A Universidade de Castilla-La Mancha abre o martes 11 esta edición do festival. Primeiro será a quenda da Facultade de Belas Artes coa acción performativa Querida María, de Marina Álvarez, e seguiralle o grupo de investigación ARTEA con Susurro de nudos, de Tzu-Han Hung.

O mércores 12 será a Aula de Teatro da USC quen represente Agamenón, volvín do supermercardo e deille unha malleira ao meu fillo, de Rodrigo García, unha obra cunha duración de 45 minutos.

Nuojauta (Consello) é a obra coa que o Estudio Teatral Palépé da Universidade Vilnius Gediminas de Lituania intervén no festival o xoves 13. A peza, de 75 minutos de duración, desenvólvese en lingua lituana subtitulada en galego.

Trabajos de amor perdidos é a obra (105 minutos) coa que In Vitro Teatro da Universidade de Xaén intervén no festival o venres 14. Finalmente, a escola de teatro TeatrUBI da Universidade da Beira Interior de Portugal pecha o festival coa representación de Nó_cego, de Rui Pires, unha peza de 45 minutos en lingua portuguesa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.02.2025.