Ir o contido principal
Segunda edición do MilongUSC
Imaxe do cartel

O 8 de maio de 2024 terá lugar no Xardín das Pedras que Falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC; en caso de choiva trasladarase ao Comedor do Colexio de Fonseca. Nesta ocasión, contará coa participación do alumnado do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas de Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán un pouco do aprendido neste curso.

A milonga é un espazo onde as persoas amantes do tango e da milonga se reúnen para bailar e socializar, para compartir experiencias nun lugar onde se respira o ambiente do tango e se comparte a paixón polo baile.

O obxectivo do segundo MilongUSC é dar a coñecer o tango e as milongas como ferramenta para conectarse e coñecerse máis e mellor.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.10.2024.