Ir o contido principal
Promovido polo Espazo de Danza da USC, trátase dunha actividade con acceso libre para o público xeral
Imaxe do cartel

A Universidade de Santiago de Compostela organiza o seu terceiro Tradi-Fest, un festival de música e danza tradicional que ten como principal obxectivo favorecer un diálogo cultural, nun futuro, entre os pobos do norte e do sur da franxa Atlántica, coa difusión da cultura musical e dancística tradicional.

Dirixido por Juan Carlos Zahera, desenvolverase o xoves 20 de xuño de 2024 ás 19.30 horas no Xardín das Pedras que Falan (detrás do Colexio de Fonseca). Neste III Tradi-Fest o Espazo de Danza Tradicional da USC, coordinado polo seu profesor Alejandro Martínez, e o Espazo de Pandeireta da USC, coordinado pola súa profesora Leticia López, amosarán distintas pezas aprendidas neste curso.

O programa do festival, que ten acceso libre e de balde, é o seguinte:

  • Maneo de Silván e rumba de Xinzo (pandeireta iniciación)
  • Muiñeira das añas de Mondaríz (pandeireta avanzado e baile avanzado)
  • Muiñeira rabela de Santiago (baile avanzado e gaiteiro)
  • Muiñeira e pateado de Eirapedriña (pandeireta avanzado)
  • Rumba (gaiteiro e pandeireta avanzado)
  • Muiñeira vella de Ponteceso (baile avanzado e pandeireta avanzado)
  • Jota cruzada de Sequeiros (baile avanzado e gaita)
  • Muiñeira e valse das cortellas (pandeireta avanzado)
  • Peza final: tremelique e muiñeira corrida (pandeireta, gaiteiro, baile avanzado, público)
Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.10.2024.