Contacto
-
Enderezo
- Praza da Universidade, s/n, 15782Santiago de Compostela
Sala de exposicións na antiga igrexa da Universidade, construída polos xesuítas no século XVII.
Espazo multiusos para intervencións culturais, nomeadamente exposicións e concertos acústicos.
Dependendo da actividade, a capacidade máxima que pode acoller é de 250 persoas.
Como sala de exposicións, está dotada con medios audiovisuais que comparte con outros espazos da Área de Cultura.
Dispón de:
- Instalación de protección contra intrusión.
- Instalación de protección contra incendios.
- Instalación de cámaras de videovixiancia con conexión 24 horas coa central receptora de alarmas
- Conexión wifi.