Contacto
-
Enderezo
- Rúa do Franco, s/n, 15782Santiago de Compostela
Salas e claustro do Colexio de Fonseca
O Salón Artesoado é unha sala rectangular de 142 metros cadrados co teito e o chan de madeira, as paredes están cubertas por paneis de DM ata os 4 metros de altura.
A Capela ten unha superficie de 87 metros cadrados e todos os seus paramentos son de pedra cuberta ata os 3 metros de altura e en todo o seu perímetro por paneis de DM.
A Sancristía é un pequeno espazo anexo á capela, de 25 metros cadrados panelado con DM ata os 3 metros de altura. Conta con cámaras de videovixiancia con conexión 24 horas e coas medidas básicas contra incendios e intrusión. O seu uso máis habitual é como zona de proxección.
O Claustro Alto é un espazo expositivo que aproveita a circunvalación do claustro alto de Fonseca que dispón de 62 metros lineais de paneis de 1,20 metros de altura para fixar elementos expositivos. O corredor ten unha anchura de 3,10 metros.
O uso habitual destes espazos é como salas de exposicións temporais.
Todas dispoñen de
- Instalación de protección contra intrusión
- Instalación de protección contra incendios
- Instalación de cámaras de videovixiancia con conexión 24 horas coa central receptora de alarmas