Rutas guiadas con fins educativos e de lecer
Escola constituída por rutas programadas ao longo de todo o curso. Consultar ligazóns e a información de interese para máis detalles.
- Ler con atención a información previa á ruta.
- Inscribirse só nas rutas que se adapten á capacidade física e técnica de cada un/unha.
- Os menores deberán ir acompañados dunha persoa maior de idade (pai, nai ou titor) que será en todo momento o seu responsable.
- Levar a tarxeta sanitaria, o DNI ou pasaporte e a licenza federativa en vigor (quen a teña). Así como o teléfono móbil de contacto facilitado ao darse de alta como persoa usuaria da Área Deportiva da USC, por se resultase necesario ter que contactar con algún dos inscritos nalgún momento da ruta.
- Usar calzado propio de sendeirismo (non vale calquera calzado deportivo).
- Seguir as indicacións dos guías en todo momento. Non adoptar decisións a nivel individual que poidan afectar a todos, aínda que sexa minimamente, e menos sen avisar previamente aos guías ou a algún/algunha compañeiro/a. Nunca perder o contacto co grupo nin quedarse absolutamente só/soa, baixo ningunha circunstancia.
- Aquelas persoas que desexen realizar por primeira vez unha ruta de dificultade media, antes de inscribirse, deberán poñerse en contacto coa Área Deportiva da USC para que esta valore, dunha maneira obxectiva e global, en beneficio de todos, a súa repercusión no desenvolvemento da ruta.
- As persoas interesadas en asistir ás saídas de 4-6 días deberán cumprir un dos seguintes requisitos (para salvagardar o correcto desenvolvemento desas saídas en canto a riscos, organización, dinámica de grupo, etc.):
- Ter participado con éxito nalgunha ruta organizada pola USC durante o curso en vigor.
- Presentar o aval de algún club ou persoa de recoñecida experiencia sendeirista, que respalde a capacidade actual dos interesados para o desempeño requirido en dita saída.
- Roupa cómoda e axeitada (roupa de abrigo e de auga, luvas, gorro/a, etc.)
- Calzado cómodo e apto para facer sendeirismo.
- Mochila con comida e auga para o día.
- Protección solar.
- Usar materiais e vestimenta axeitados á ruta e á época na que se desenvolve esa ruta.
- Usar roupa de abrigo e de auga, gorro e luvas en inverno.
- Usar protectores solares (cremas e gafas) especialmente durante o verán e na neve.
- Usar bastóns de sendeirismo.
- Levar unha caixa de primeiros auxilios persoal.
- Tramitar a licencia federativa.
- Vantaxes:
- Contar cun seguro de accidentes deportivos.
- Poder usar os refuxios galegos (a prezos moi reducidos) e aqueles outros que teñan un convenio vixente.
- Para máis información consultar a ligazón da Federación Española de Montaña e Escalada, FEDME.
- Vantaxes: