Para poder participar nas Ligas Universitarias, organizadas pola Área Deportiva da USC, todas as persoas que formen parte dos equipos deberán ser alumnado, PDI ou PAS da USC, e dispor dun seguro que poida cubrir un posible accidente deportivo (consultar o apartado "Seguros e protocolo en caso de accidente deportivo").
1. Modalidades deportivas
- Baloncesto masculino e feminino (Santiago de Compostela). Baloncesto* (Lugo).
- Fútbol 7 masculino e feminino (Santiago de Compostela). Fútbol 7* (Lugo).
- Fútbol sala masculino e feminino (Santiago de Compostela). Fútbol sala* (Lugo).
- Voleibol mixto.
*non hai limitación de xénero na composición dos equipos.
2. Especificidades por Campus
- Os partidos xogaranse de luns a xoves en horario lectivo.
- Non hai horarios de preferencia.
2.1. Campus de Lugo
Os partidos xogaranse os martes e os xoves en horario de mañá (de 9 a 14 horas).
Os partidos de baloncesto, balonmán, fútbol sala e voleibol, no Polideportivo de O Palomar e os de fútbol 7 no Campo da Cheda ou nos campos de As Gándaras.
En principio non hai límite de inscrición de equipos.
2.2. Campus de Santiago de Compostela
Límite de inscrición de equipos:
- 12 en Balonmán 5 e Voleibol .
- 36 en Baloncesto e Fútbol sala.
- 60 en Fútbol 7.
Non hai elección nin preferencias de horarios por parte dos equipos e con toda probabilidade os partidos se desenvolverán nas seguintes franxas horarias:
- Balonmán 5: luns de 15:00 a 18:00 h.
- Voleibol Mixto: martes e xoves de 12:00 a 18:00 h.
- Baloncesto: martes de 12:30 a 17:30 h.
- Fútbol sala: luns, martes, mércores e xoves de 12:00 a 18:00 h.
- Fútbol 7: luns e mércores de 13:00 a 21:00 h e martes e xoves de 13:00 a 17:00 h.
Nota: A Área Deportiva da USC resérvase o dereito de facer calquera modificación nos calendarios das Ligas Universitarias debido a imprevistos ou a outras circunstancias.
Instalacións:
- Liga de Fútbol 7: Campo Polideportivo da USC (herba artificial).
- Liga de Baloncesto e Voleibol Mixto: Polideportivo da USC.
- Liga de Fútbol Sala: Polideportivo da USC e Pista Exterior de cemento (Sita na Praza Rguez. Cadarso).
3. Competición
- Os equipos deberán estar dispostos para pasar o control arbitral 15 minutos antes da hora do partido, non admitíndose atraso, agás o que se poida producir por estarse a xogar aínda outro encontro da competición.
- O tempo total dos partidos será de 40' (2 tempos de 20').
- A única persoa que se pode dirixir ao árbitro é a capitá/o capitán do equipo.
- Os equipos deberán ter unha equipaxe de seu, da mesma cor e numerada.
- Non se poderá inscribir nas actas ningún xogador/a que non estea na relación de xogadores. No caso de irregularidade dun xogador/a o seu equipo será sancionado coa descualificación da competición.
- Os calendarios e resultados da Competición iranse publicando na aplicación da Área Deportiva da USC.
- O equipo que non se presente a un encontro será sancionado coa cantidade equivalente ao custo da arbitraxe e no caso de desempate pasará ao último lugar de entre os equipos empatados.
- No caso dun segundo partido non presentado o equipo será eliminado da Liga Universitaria.
- En voleibol mixto é obrigatorio estar en pista 3 homes e 3 mulleres. Os cambios son entre mulleres e os homes entre homes.
- Inscrición mínima e máxima de xogadores nun equipo:
- Baloncesto, Balonmán e fútbol sala: 5 e 12.
- Voleibol Mixto: 6 e 12.
- Fútbol 7: 7 e 14.
- Para que un equipo se considere presentado deberá ter no campo, xa preparados para xogar, como mínimo os seguintes xogadores:
- Fútbol 7 e Voleibol Mixto: 6.
- Balonmán, Baloncesto, e Fútbol sala: 4.
Sistema de competición
- O sistema de competición dependerá do número total de equipos inscritos en cada liga.
- Cada división estará formada por 2 grupos (faranse de maneira aleatoria), tendo en conta a listaxe de agarda do curso anterior (consultar a ligazón nesta mesma páxina "Reservas de praza").
- Cada grupo xogará unha liga a unha volta na 1ª Fase, de outubro a decembro de 2024.
- Na 2ª Fase, de febreiro a marzo de 2025, os mellores dos grupos da fase anterior formarán un grupo para o Play Off de Ascenso ou o Título e o resto de equipos de cada grupo xogará outra liga para o Play Off de Descenso. Desta maneira os equipos de cada grupo terán un nivel similar onde todos terán mínimo un obxectivo polo que loitar e polo tanto haberá unha maior motivación.
- Despois desta 2ª Fase xogaranse os Play Off de Ascenso e Descenso.
- Ao finalizar a liga organizarase un torneo de copa, no que terán cabida equipos de todas as divisións e grupos e na que se terá en conta a clasificación obtida para poder participar xa que as prazas serán limitadas.
Importante
A Área Deportiva da USC resérvase o dereito de facer calquera modificación na organización das Ligas Universitarias debido a imprevistos ou a outras circunstancias.
Inscricións
Equipos
- Prazo: do 9 ao 22 de setembro.
- Taxa: 44 € a pagar por equipo. As residencias universitarias e a Asociación de Intercambio de Estudantes de Santiago de Compostela, de facerse cargo do pago das inscricións dos seus equipos e antes de realizar calquera outro trámite, deberán poñerse en contacto coa Área Deportiva da USC (ver ao final o apartado sobre "Problemas coas inscricións") para indicarlles o procedemento específico a seguir nestes casos.
- Responsable da tramitación en liña da inscrición do equipo: a capitá/o capitán.
- Procedemento:
- Escoller a Modalidade Deportiva e o Campus durante o proceso.
- Inscribir o equipo, tendo en conta que
- se é a primeira vez que se inscribe o equipo a inscrición farase na última división do deporte correspondente,
- se o equipo participou nas ligas USC do curso pasado no Campus de Santiago de Compostela deberá consultar nesta mesma páxina na ligazón "Reservas de praza" a división que lle corresponde e conservar o nome do equipo da liga pasada (xogado o 1º partido poderá solicitar o cambio de nome),
- o nome do equipo terá como máximo 20 díxitos e non poderá resultar ofensivo ou inapropiado.
- Enviar unha invitación ao correo-e dos demais compoñentes do equipo cunha ligazón para que se inscriban directamente.
- Procedemento:
Xogadores
- Prazo: do 11 de setembro ata o 31 de de xaneiro.
- Inscrición: recibida a invitación da capitá/do capitán xa se poderá realizar a inscrición. É posible aceptar ata dúas invitacións se son para modalidades deportivas diferentes.
- Foto: subir unha fotografía dixital tamaño carné, con fondo branco e co equipamento do equipo, antes do 15 de outubro para poder ter acceso ás instalacións deportivas e para que os árbitros poidan verificar a identidade dos participantes.
- Foto de equipo: farase pública na relación destes e na clasificación. Para que a foto persoal, o nome e os apelidos poidan aparecer nela resulta imprescindible aceptar o consentimento expreso.
- Bolsa de xogadores:
- Todos os xogadores que non teñan equipo e queiran participar nas Ligas Universitarias deberán apuntarse nesta bolsa de xogadores. Será o/a xogador/a, por propia iniciativa, quen se inscriba nela.
Problemas coas inscricións
- Campus de Lugo: jesus.castro [at] usc.es (jesus[dot]castro[at]usc[dot]es)
- Campus de Santiago de Compostela: alexandre.cadarso [at] usc.es (alexandre[dot]cadarso[at]usc[dot]es)
Réxime xeral
De ámbito universal
- Faltas ao respecto e incumprimento das indicacións dadas pola persoa encargada de organizar as Ligas Universitarias e polo persoal das instalacións deportivas tanto da USC coma doutros organismos onde se desenvolvan as ligas da USC.
- Fumar, beber alcohol e entrar envases de vidro nas instalacións deportivas da USC ou en instalacións alleas onde se celebren encontros das ligas da USC.
- Sanción:
- Expulsión inmediata da instalación deportiva da persoa infractora.
- Se é xogador/a das ligas: expulsión definitiva das ligas da USC.
- Se esta actitude é por parte de membros dun equipo: expulsión definitiva do equipo das ligas da USC.
- Sanción:
Obxectos perigosos
- Os xogadores non poden levar obxectos perigosos e queda prohibido todo tipo de complementos (xoias, colares, aneis, pulseiras, reloxos, brincos, gomas, etc.), estando obrigados a retiralos ou a cubrilos con fita illante ou esparadrapo.
- Sanción: o/a xogador/a que incumpra esta regra non poderá xogar.
Equipaxe
- Non estar correctamente equipados como equipo.
- Sanción: o equipo non poderá xogar e daráselle o partido por perdido.
- Reincidencia: o equipo será expulsado definitivamente da competición.
Faltas cometidas polos xogadores e capitá/capitán
Falta moi grave
- Toda agresión física a calquera persoa dentro do recinto deportivo.
- Sanción: expulsión definitiva do infractor da competición.
Falta grave
- Ameazar, coaccionar, insultar, ofender ou realizar actos aldraxantes ou vexatorios de palabra ou de obra contra calquera persoa dentro do recinto deportivo.
- "Intento de agresión" ou "agresión non consumada" contra calquera persoa dentro do recinto deportivo.
- Emprego de métodos ou procedementos violentos durante o xogo.
- Sanción: 4 partidos de suspensión para o infractor.
- Reincidencia: expulsión definitiva do infractor da competición.
Falta leve
- Protestar de xeito reiterado as decisións arbitrais.
- Adoptar unha actitude pasiva ou neglixente no cumprimento das instrucións arbitrais ou desobedecer as súas ordes.
- Dirixirse a calquera persoa dentro do recinto deportivo con expresións de menosprezo ou cometer actos de desconsideración cara a elas.
- Empregar, no transcurso do xogo, medios ou procedementos violentos que intenten atentar ou atenten de xeito non consumado contra a integridade doutros xogadores.
- Provocar ou incitar ao público en contra da correcta marcha do partido.
- Expresarse de xeito atentatorio contra o decoro debido ao público ou ofender a algún espectador con palabras ou xestos.
- Sanción: 2 partidos de suspensión para o infractor.
- Reincidencia: 4 partidos de suspensión para o infractor ou expulsión definitiva deste da competición (en función da gravidade).
Faltas cometidas polos equipos
Falta moi grave
- Intervención en feitos conducentes á obtención dun "resultado predeterminado" nun partido.
- Retirada dun equipo do campo de xogo unha vez iniciado o partido.
- Actitude incorrecta do equipo durante un partido.
- O quebrantamento das sancións impostas polo Comité de Competición.
- Faltas de consideración por parte do equipo cara ao conxunto arbitral, aínda que este non poida saber a identidade dos infractores.
- Sanción: exclusión definitiva da competición.
- Falsidade de datos fundamentais e/ou Aliñación indebida.
- Sanción: perda do partido + perda de 4 puntos na clasificación.
- Reincidencia: exclusión definitiva da competición.
Falta grave
- Conduta antideportiva dos seus xogadores.
- Incumprimento das ordes e instrucións dadas pola organización das ligas.
- Sanción: perda do partido.
- Reincidencia: perda do partido + perda de 4 puntos na clasificación.
Falta leve
- As que determine no seu momento o Comité de Competición no exercicio das súas competencias.
- Sanción: apercibimento.
- Reincidencia: considerarase como falta grave.
Faltas cometidas polo equipo arbitral
Falta moi grave
- Todo tipo de agresión física ou verbal a calquera persoa dentro do recinto deportivo.
- Parcialidade probada cara a un dos equipos.
- Redacción, alteración ou manipulación da acta dun partido de maneira que as súas anotacións non se correspondan co acontecido no partido.
- Información maliciosa e falsa.
- Sanción: expulsión definitiva das ligas da USC.
Falta grave
- Incumprimento das súas obrigas como parte do equipo arbitral.
- Sanción: apercibimento ou inhabilitación, segundo a gravidade.
Procedemento de sancións
O Comité de Competición
- É o único organismo competente para emitir unha resolución por todas as faltas e incidencias ocorridas no ámbito das Ligas Universitarias.
- Estará composto por 5 membros:
- Presidencia: Dirección da Área Deportiva ou persoa na quen delegue.
- Secretaría: persoal técnico da Área Deportiva que coordine as Ligas Universitarias.
- Vocais:
- 2 representantes das Ligas Universitarias (terán que participar nelas e ser escollidos por votación ao comezo de cada curso).
- 1 representante dos árbitros, que represente ao colectivo arbitral do deporte en cuestión e que será designado por dito colectivo.
- Para tomar ás súas decisións terá en conta:
- A acta do partido.
- Informe adicional do equipo arbitral.
- Informe das/dos capitás/capitáns ou persoas interesadas.
- Calquera outro testemuño que considere válido.
- Os informes ou probas deberán presentarse nun máximo de 72 horas despois do partido.
- Reunirase, transcorrido o prazo anterior, para estudar toda a documentación relativa ao caso, notificándolles a todos os interesados, na maior brevidade, a resolución adoptada.
- As súas resolucións resultan inapelables e poñen fin aos expedientes deportivos.
- Resolverá, así mesmo, toda falta ou cuestión non contemplada neste regulamento.
Do 6 ao 24 de setembro de 2024, a Área Deportiva da USC abre un prazo para conseguir árbitros dentro da comunidade universitaria (alumnos/as e ex-alumnos/as) que dirixan as Ligas Universitarias.
A Área Deportiva habilita como árbitro das Ligas Universitarias seguindo os seguintes criterios:
- por titulación arbitral federativa,
- por demostrada experiencia nesa modalidade deportiva.
Todos os árbitros das Ligas Universitarias teñen que informarse e completar unha ficha cos seus datos persoais, na Área Deportiva da USC.
- Contacto do Campus de Lugo: jesus.castro [at] usc.es (jesus[dot]castro[at]usc[dot]es)
- Contacto do Campus de Santiago de Compostela: alexandre.cadarso [at] usc.es (alexandre[dot]cadarso[at]usc[dot]es)
Esta ficha é imprescindible para poder abonar la gratificación por cada partido, nela deberán figurar os seguintes datos:
- Modalidade deportiva que vai arbitrar.
- Datos persoais.
- 1 fotografía.
- Correo electrónico.
- Teléfono de contacto.
- Certificado da conta bancaria.
- Fotocopia do DNI.
Todos os árbitros deben adquirir un compromiso coa Área Deportiva para que esta actividade transcorra correctamente, dando exemplo de rectitude e puntualidade.
Reunión Informativa sobre arbitraxe e Ligas Universitarias
Mércores, 18 de setembro de 2024, ás 11:30 horas.
- Campus de Santiago de Compostela: sala de xadrez. Edificio Piscina Universitaria.
- Campus de Lugo: oficina da Área Deportiva do Campus de Lugo.
Puntos a tratar:
- Explicación do funcionamento das Ligas Universitarias.
- Como rexistrar o resultado do partido na aplicación de deportes.
- Reunións e avaliacións periódicas.
- Horarios e calendarios.
- Regulamentos de cada modalidade deportiva e particularidades das ligas da USC.
- Rogos e preguntas.
1. Persoas con Seguro Escolar (Estudantado)
Considerase accidente escolar toda lesión corporal que sufra o asegurado con ocasión de actividades directa ou indirectamente relacionadas coa súa condición de estudante, incluídas as deportivas, asembleas, viaxes de estudos, de prácticas, de "fin de carreira" e similares, sempre que estas actividades fosen organizadas polos centros de ensino.
A) En caso de precisar atención hospitalaria
A persoa lesionada ten que dirixirse a
- Campus de Compostela: Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Rúa da Choupana s/n.
- Campus de Lugo:
- Hospital Virxe dos Ollos Grandes, Rúa Montevideo, n.º 23.
- Polusa (Policlínico Lucense). Rúa Dr. Iglesias Otero, s/n.
B) Despois da atención no hospital a persoa lesionada deberá
- I. Recoller o parte médico no propio hospital.
- II. Cubrir o modelo SE1.
- Información e modelo do seguro escolar.
- Modelo SE1. Hai que facer 2 copias, unha para o interesado e outra para a Administración.
- III. Co modelo SE1 o interesado/a irá ás oficinas da Área Deportiva da USC onde lle cumprimentarán o punto 7.
- IV. Unha vez cumprimentado o punto 7, o accidentado/a levará á Oficina da Seguridade Social a seguinte documentación:
- Parte médico.
- Modelo SE1 (orixinal e copia para o interesado).
- DNI (orixinal e en vigor).
- Resgardo do Impreso da Matrícula (onde conste a facultade, curso, materias e pago da cota do Seguro Escolar).
C) Cobertura do Seguro Escolar
2. Persoas sen seguro escolar
A) En caso de precisar atención hospitalaria
A persoa lesionada debe dirixirse ao centro de referencia do seu respectivo seguro (Seguridade Social, MUFACE, Seguro Deportivo Federado...).
3. Enderezos e teléfonos de interese
A) Campus de Santiago de Compostela
Oficina da Seguridade Social
- Rúa Carlos Briones Varela, s/n (Esq. Galeras). 15705.
- Teléfono: 981 553 150 - 981 553 155.
Oficina da Área Deportiva da USC
- Piscina Universitaria 1º andar. 15782 Campus Sur.
- Teléfono: 881 815 077.
B) Campus de Lugo
Oficina da Seguridade Social
- Rúa Músico Xosé Castiñeira, n.º 26. C.P. 27002.
- Teléfono: 982 293 300.
Oficina da Área Deportiva da USC
- Biblioteca Intercentros. C.P. 27002.
- Teléfono: 982 823 584.