Os Xogos Galaico Durienses comezaron a súa andaina en 1993
Os Xogos Galaico Durienses son unha competición deportiva universitaria singular na que participan deportistas das universidades do norte de Portugal (Minho, Porto, Trás-os-Montes e Alto Douro) e das tres universidades públicas galegas.
Inscrición
Poderá participar toda a comunidade universitaria da USC.
Procedemento
- Preinscrición, para o que é preciso
- rexistrarse na aplicación da Área Deportiva da USC (de non telo feito previamente);
- formalizar a solicitude para ser convocada/o no prazo previsto en cada modalidade deportiva.
- Análise das solicitudes por parte da Área Deportiva da USC, en base os criterios establecidos.
- Asistencia ás convocatorias realizadas pola Área Deportiva da USC para os efectos de adestramentos, reunións...
- Selección: a Área Deportiva da USC determinará que deportistas representarán á USC.
Criterios para poder optar a ser seleccionada/o nas modalidades deportivas convocadas
Consultar as convocatorias.
Créditos
Poderase solicitar 1 crédito ECTS, que se expedirá ao final do curso académico. Para máis información preme aquí.