Ir o contido principal
Certificación da Norma ISO 9001
As Unidades da Área de Infraestruturas de Investigación desenvolven a súa actividade baixo o Sistema de Xestión de Calidade (SXC) certificado pola Norma UNE-EN ISO 9001:2015.

A Área de Infraestruturas de Investigación da USC é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común, cuxa principal misión consiste na prestación de servizos de apoio científico e tecnolóxico á investigación da USC, de organismos públicos de investigación e de entidades privadas.

O obxectivo da Área de Infraestruturas de Investigación é o de dar unha maior unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC, tanto materiais como humanos, coa finalidade de contribuír ao desenvolvemento científico e tecnolóxico da sociedade no seu conxunto.

Dende a Dirección da Área de Infraestruturas de Investigación considérase a Calidade como un valor engadido e diferenciador para o labor de apoio científico-técnico e de transferencia de tecnoloxía e coñecemento, desenvolvida polo persoal da organización. Nese sentido, o mantemento e a mellora do Sistema de Xestión de Calidade (SXC) da Área, baseado na Norma ISO 9001, conta co firme apoio da Dirección e da Vicerreitoría de Política Científica da USC e co necesario compromiso do persoal das Unidades. 

Esta decisión estratéxica tradúcese no desenvolvemento de accións concretas encamiñadas á mellora continua dos procesos que conforman a actividade das Unidades, co fin de responder ás necesidades das súas usuarias e usuarios e demais grupos de interese, así como de xerar confianza nos resultados derivados do servizo prestado mediante unha ampla variedade de técnicas instrumentais de aplicación en áreas de coñecemento moi diversas. 

O esforzo para a mellora dos procesos e procedementos que conforman o SXC da Área é avaliado externamente nas auditorías anuais, co obxecto de certificar a súa idoneidade, e vese recompensado coa satisfacción que as usuarias e os usuarios amosan polo servizo recibido e cunha maior visibilidade dos recursos públicos a disposición do conxunto da sociedade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.06.2024.