
Virtus, plataforma tecnolóxica para a investigación virtual da Universidade de Santiago de Compostela nace como un proxecto orientado a proporcionar solucións avanzadas de produción virtual para a innovación docente e investigadora, así como para a transferencia tecnolóxica e de coñecemento ao sector profesional TIC e audiovisual a nivel autonómico, estatal e internacional.
Grazas ao seu marcado compromiso coa formación, la innovación e a transferencia tecnolóxica e de coñecemento ao sector TIC y audiovisual, en 2021 o Grupo de Estudios Audiovisuais (GEA) obtivo un financiamento de equipamento de investigación (ref. EQC2021-007535-P) de 640.218,50€, proveniente de fondos europeos, no marco do “Programa Estatal de Generación del Conocimiento y Fortalecimiento Científico y Tecnológico del Sistema de I+D+i” (BNDS: 566417; BOE: 10/06/2021). Isto permitiu a actualización do plató virtual da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC cun equipamento de última xeración distinguida co Premio de Integración Educacional na V edición dos galardóns #AV de Integración 2025, outorgados pola revista especializada “AV Integración Audiovisual”, un referente para los profesionais do sector audiovisual.
Virtus nace co pulo de seis grupos de referencia competitiva (sumando un total de 128 investigadores/as) como avalistas dun proxecto transdiciplinar e cun enorme potencial á hora de aportar solucións multifocais. Grupos de investigación como “Sistemas Intelixentes”, “Esculca”, “Novos Medios”, “GEA”, “PCC” e “Cograde”, permiten abarcar os mundos da informática, a intelixencia artificial, as ciencias da educación, o xornalismo, a comunicación audiovisual e a psicoloxía.Como expoñente do seu compromiso de transferencia tecnolóxica e de coñecemento, Virtus asinou no ano 2025 o terceiro convenio de colaboración coa empresa Brainstorm Multimedia, rubricando así unha incesante colaboración de máis de 15 anos que garante a actualización do software da plataforma coas últimas versións dispoñibles no mercado da produción virtual.
O equipamento de Virtus está formado, principalmente, por dous grupos de dispositivos. Por unha banda, atópase o estudio virtual e todos os seus compoñentes, radicado na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela; por outra, Virtus conta con catro equipos portátiles que permiten levar a tecnoloxía de realidade mixta a calquera espazo dentro e fóra do recinto universitario.
Comezando polo estudio virtual, este espazo tecnolóxico dispón dun set autoportante en U que conforma un escenario de chroma de catro caras que conta con 4.80 metros de fondo por 7.6 de ancho, iluminado por unha complexa grella de equipos LED en suspensión cenital. A liña de cámaras do estudo está formada por dúas cámaras robotizadas PTZ Panasonic AW-UE150KEJ e unha cámara de estudo Panasonic AK-HC3900 con óptica Fujinon ZA12x4.5BRD-S6. As cámaras robotizadas teñen unha posición fixa e o seu movemento (pan, tilt, zoom e foco) contrólase de forma remota desde o control de realización. A cámara de estudio permite unha total liberdade de movementos no plató a través dun sistema de sensorizacion inside-out Stype RedSpy. Dispón, ademais, dun teleprompter e monitor auxiliar para facilitar a tarefa da persoa presente no escenario, ao permitir comprobar en tempo real a súa integración coa contorna 3D CGI.
Para a gravación dos contidos, o sistema dispón dun reprodutor-gravador Structure e dous gravadores Blackmagic Design HyperDeck Studio HD. Os grafismos 3D procésanse en 6 estacións de traballo HP Z4 equipadas coa Suite de Brainstorm na súa versión 6.1 ao completo (Infinity Set, Aston e License Diamond), a través do motor Unreal Engine 5.4. É necesario subliñar que a colaboración permanente da plataforma tecnolóxica Virtus con Brainstorm fai posible que o estudio dispoña sempre das versións máis actualizadas do software, potenciando ao máximo as posibilidades que ofrece o equipamento.
O estudio complétase cunha mesa de audio Yamaha TF1, un sistema de microfonía inalámbrica Sennheiser, un equipo de CCU, unha mesa de vídeo FOR-A Hanabi HVS-190 e unha completa monitorización de audio e vídeo. É necesario destacar que o sistema incorpora a posibilidade de funcionar tanto en vídeo IP (a través do protocolo NDI) como audio IP, a través de protocolo DANTE. Trátase dunha particularidade non menor, xa que permite o envío de sinal de audio e vídeo desde ou cara a calquera punto da facultade (que conta ademais con outros dous estudos de televisión convencional, un estudo de cinema, dous estudos de radio, media ducia de cabinas de postproducción e senllas salas dedicadas á dobraxe e á postproducción de audio de alta calidade) de modo directo, xa que se dispón de conversores de vídeo e audio portátiles que se poden situar a demanda en calquera espazo do edificio. Esta flexibilidade é imprescindible á hora de producir eventos en directo que non se celebren unicamente no escenario de chroma do estudio virtual.
Virtus ofrece os seguintes servizos:
- Utilización do equipamento dispoñible. Pode utilizarse unicamente o set autoportante de chroma e iluminación de estudio, así como o equipamento completo do plató virtual. Para poder empregar este equipamento deberá probarse un coñecemento previo do funcionamento e contar cun técnico que asesore o seu uso durante cada xornada de traballo.
- Asesoramento para a realización dun produto audiovisual a realizar nun plató virtual. O equipo creativo e técnico de Virtus realiza asesoramento durante todo o proceso de preprodución, produción e postprodución de produtos creados en platós virtuais de televisión. Así mesmo, o equipo dispón dunha rede de contactos no mundo creativo e técnico que pon a disposición dos proxectos a desenvolver durante a fase de preparación dos mesmos.
- Virtus ofrece a adaptación de fondos 3D de Unreal Engine á plataforma Brainstorm Multimedia empregada no plató virtual da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Así mesmo, tamén ofrece a creación de fondos 3D en Unreal Engine baseados en assets asistentes. Para a creación de contornas máis complexas, Virtus xestionará a súa produción a través de colaboradores externos.
- Utilización dun equipo portátil con Edison. O equipamento portátil de Virtus pode desprazarse a calquera punto dentro ou fora da USC e achegar unha produción virtual simplificada a calquera lugar.
- Asesoramento para a creación de pílulas breves de información empregando Edison. O persoal de Virtus asesorará ás persoas e entidades interesadas durante todo o proceso (preprodución, produción e postprodución) de creación dunha pílula breve de información empregando Edison.
- Creación de pílulas breves de información empregando Edison. Virtus ofrece a posibilidade de crear pílulas breves de información empregando Edison no plató virtual da USC. Estas serán máis sinxelas de producir que empregando todas as potencialidades do equipamento e están enfocadas á utilización de presentacións máis tradicionais.
- Formación. Virtus ofrece cursos de formación dende niveis básicos a avanzados en produción virtual e usos da realidade virtual e mixta en diferentes contornas como a valorización do patrimonio, a transferencia e divulgación científica ou a gamificación.
Cada produción precisa dun número determinado de técnicos/as, que se concretará na fase de preprodución de cada proxecto en función da complexidade e necesidades específicas para os días de gravación.
En canto á súa operativa de funcionamento, Virtus estrutúrase en cinco niveles competenciais:
- O primeiro, dedicado á dirección estratéxica e tecnolóxica da plataforma, conta cun director científico (Prof. Enrique Castelló), e un director tecnolóxico (Prof. Roi Méndez).
- No seguinte nivel competencial, dedicado ás operacións, atopamos aqueles equipos directamente implicados na produción audiovisual de contidos: trátase do Servizo de Medios Audiovisuais da USC (SERVIMAV) e da área TIC (ATIC), coordinados co centro de formación (CeTA) e o persoal técnico da Facultade de Ciencias da Comunicación e do propio de VIRTUS.
- Para favorecer a multi/transdisciplinaridad de Virtus, a plataforma dotouse de seis grupos de investigación de referencia competitiva (Sistemas Intelixentes, Esculca, Novos Medios, Grupo de Estudos Audiovisuais, PCC e Cograde) que avalan o quefacer diario de Virtus, ademais de comparecer como o seu principal órgano consultivo.
- Os dous últimos estamentos da estrutura de VIRTUS están conformados por potenciais usuarios externos á plataforma. En primeiro lugar atópase o persoal da propia USC representado principalmente pola súa comunicade investigadora pero incluíndo, tamén, proxectos de innovación docente e propostas do propio alumnado.
- Finalmente, e non por iso menos importante, ao constituírse como un dos piares fundamentais da plataforma, atópanse aqueles destinatarios que dan sentido á vocación de transferencia tecnolóxica e de coñecemento patente e latente en Virtus: o sector socioeconómico e tecnolóxico con radicación autonómica, estatal ou internacional. Deste xeito, calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, ten acceso ás posibilidades que ofrece a plataforma, tanto tecnolóxicas (a través do equipamento anteriormente descrito) como de transferencia do coñecemento xerado despois de máis de 15 anos de investigación en estudios virtuais de televisión.
Enrique Castelló Mayo
- Cargo
- Director Científico
-
Teléfonos
- 881 816 529
- enrique.castello [at] usc.gal
Plataforma Tecnolóxica para a Investigación Virtual da USC (VIRTUS)
- Facultade de Ciencias da Comunicación
- Avda de Castelao, s/n. Campus norte, 15782Santiago de Compostela
Roi Méndez Fernández
- Cargo
- Director Técnico
-
Teléfonos
- 881 816 578
- roi.mendez [at] usc.gal
Novas relacionadas
Virtus, plataforma tecnolóxica para a investigación virtual, recoñecida pola revista AV Integración Audiovisual
A publicación concedeulle o Premio de Integración Educacional
Ler máisA plataforma tecnolóxica Virtus nace como un espazo común de solucións virtuais avanzadas para a innovación
Será unha ferramenta tanto para a mellora docente e a difusión investigadora como para a transferencia tecnolóxica e de coñecemento ao tecido TIC e audiovisual
Ler máisA plataforma tecnolóxica Virtus darase a coñecer nunha Xornada de portas abertas en Ciencias da Comunicación
O prazo para inscribirse na visita a estas instalacións remata o martes 22 de outubro
Ler máis