A mostra, en forma de aerosol, transpórtase ao plasma, onde é desolvatada, vaporizada, atomizada e excitada e/ou ionizada polo plasma. Os átomos excitados e os ións emiten a súa radiación a unha lonxitude de onda característica. Esta radiación é detectada e pódese converter en información sobre concentración.
O ICP-OES dispón de dous tipos de nebulizadores: Low-Flow (para mostras en xeral) e ultrasónico (para auga); así como de dous tipos de cámaras de spray: Scott e ciclónica.
As mostras deben estar en disolución e convenientemente filtradas. A cantidade de mostra necesaria para a análise dependerá do número de elementos que se desexe medir, pero por norma xeral son suficientes entre 10 e 15 mL.
Os límites de detección teóricos para cada elemento e a súa dispoñibilidade na actualidade móstranse na seguinte táboa. Para a medida de Hg, requírense condicións especiais.
Límites de detección teóricos
Elemento | LD teórico (ppb) | Elemento | LD teórico (ppb) | Elemento | LD teórico (ppb) |
---|---|---|---|---|---|
Ag | 7 | Hg | 61 | Rh | 44 |
Al | 28 | Ho | 430 | Ru | 30 |
As | 53 | In | 63 | S | --- |
Au | 17 | Ir | 27 | Sb | 32 |
B | 4.8 | K | 42.8 ppm | Se | 75 |
Ba | 1.3 | La | 10 | Si | 12 |
Be | 0.3 | Li | 850 | Sm | 43 |
Bi | 24 | Lu | 1 | Sn | 25 |
Ca | 10 | Mg | 0.2 | Sr | 4 |
Cd | 2.7 | Mn | 1.4 | Ta | 25 |
Ce | 48 | Mo | 7.9 | Tb | 23 |
Co | 6 | Na | 69 | Te | 41 |
Cr | 7.1 | Nb | 36 | Th | 65 |
Cs | 42 ppm | Nd | 50 | Ti | 3.8 |
Cu | 5.4 | Ni | 10 | Tl | 120 |
Dy | 10 | Os | 0.4 | Tm | 5 |
Er | 10 | P | 76 | U | 250 |
Eu | 2.7 | Pb | 42 | V | 5 |
Fe | 4.6 | Pd | 44 | W | 5 |
Ga | 46 | Pr | 37 | Y | 3 |
Gd | 14 | Pt | 30 | Yb | 1.8 |
Ge | 40 | Pu | 15 | Zn | 1.8 |
Hf | 15 | Rb | --- | Zr | 7.1 |
As mostras deben estar en disolución e convenientemente filtradas. A cantidade de mostra necesaria para a análise dependerá do número de elementos que se desexe medir, pero por norma xeral son suficientes entre 10 e 15 mL.
No caso de mostras sólidas, nas que hai que realizar un ataque ácido, a Unidade dispón de muíño, microondas e dixestor para a preparación das mostras.
Os campos de aplicación son:
- Agricultura e alimentos: solos, lodos, fertilizantes, pensos, vexetación, alimentos, bebidas.
- Bioloxía e clínica: tecidos animais e fluídos biolóxicos como soro ou ouriños.
- Xeoloxía: rochas, solos, sedimentos e materiais relacionados.
- Medio ambiente e augas: lodos, augas, cinzas, aire, po.
- Orgánicos: produtos derivados do petróleo, aceites.
Unidade de Análise Instrumental
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS) Lugo
- Campus Lugo s/n, 27002Lugo
- 982 822 816 (Responsable da Unidade)
- 982 822 818