Localización
- Edificio de apoio á investigación (CACTUS). Lugo
- Campus Lugo s/n, 27002Lugo
- Horario
- De luns a venres, de 10 a 14 h e de 16 a 18 h.
A medida do cambio de masa dunha mostra coa temperatura realízase nunha termobalanza e coñecese como termogravimetría.
A calorimetría diferencial de varrido é unha técnica que consiste en medir o fluxo de calor dunha mostra e dun material de referencia en función da temperatura. O sinal obtido é a enerxía absorbida ou emitida pola mostra.
O equipo TGA-DSC simultáneo mide ambos os dous parámetros á vez, converténdose nunha ferramenta valiosa para a caracterización das propiedades físicas e químicas dos materiais baixo condicións de atmosfera controlada.
Equipo TGA/DSC con mostreador automático de 34 posicións. Forno ata 1100 °C. Balanza de alta resolución. Posibilidade de acoplarse con equipo de espectrometría FT-IR para a análise de produtos de descomposición.
Algúns dos fenómenos e procesos térmicos que poden ser determinados por TGA/DSC son:
- Adsorción e desorción de gases: fusións.
- Cristalizacións.
- Cinéticas de procesos: polimorfismos.
- Sublimación, evaporación e vaporización: diagramas de fases.
- Estabilidade térmica: Transicións vítreas.
- Reaccións de oxidación: cinética.
- Identificación por productos de descomposición: capacidad calorífica.
- Entalpías de transición e reacción.
- Pseudopolimorfismos.
- Determinación de temperaturas de Curie.
Unidade de Análise Instrumental
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS) Lugo
- Campus Lugo s/n, 27002Lugo
- 982 822 816 (Responsable da Unidade)
- 982 822 818