Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://assets.usc.gal/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Localización

Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
Santiago de Compostela
Teléfonos
881 816 242
  • Equipo operativo
APCI é unha técnica de ionización onde se xera unha nube de ións a partir dunha mostra sólida ou líquida, que choca cunha corrente dun gas ionizante, quentado a alta temperatura. Esta técnica emprégase para compostos de polaridade media-baixa.
  • A Ionización Química a Presión Atmosférica (APCI) emprégase a miúdo como un método complementario a Electrospray (ESI). A diferenza de ESI, onde a ionización ten lugar na fase líquida, APCI é unha técnica de ionización en fase gasosa, cun mecanismo moi similar a Ionización Química.

    Técnica de ionización branda, na que non se produce apenas fragmentación. Obsérvanse os ións [M+H]+ ou [M-H]-, según se traballe en modo positivo ou negativo. Tamén é frecuente a aparición de ións aducto  [M+NH4]+ en modo positivo e como [M+Cl]+, [M+Br]+, [M+CH3COO]+, [M+CF3COO]+ en modo negativo.

    Coma en ESI, créanse pequenas gotas do solvente coa fase móbil e o analito, que entran nun vaporizador. O vaporizador é un tubo cerámico illado, que ó quentarse, evapora as gotas de aerosol da fase móbil por radiación térmica. A temperatura do vaporizador é de arredor duns 350ºC, pero pódese axustar a temperatura. O eléctrodo de descarga de coroa (agulla de alto voltaxe) xera electróns nun campo eléctrico forte que ionizan o gas nebulizante (nitróxeno), e estes ións reaccionan coas moléculas de disolvente formando ións reactivos, que á súa vez, reaccionan cas do analito por transferencia de protóns. Esta serie de reaccións químicas en cascada resultan na ionización química suave das moléculas de analito a presión atmosférica e xeralmente a alta temperatura. Dita agulla atópase nunha posición fixa na saída do gas do vaporizador, preto da corrente do gas do analito.

    O mecanismo da Ionización Química a Presión Atmosférica en modo positivo comeza coa formación de ións reactivos primarios e secundarios nunha atmosfera de nitróxeno en presenza de fase móbil (auga):

    N2 + e-  → N2 +  + 2e -

    N2 +. + 2N2  → N4 +. +  N2

    N4 +. + H2O  → H2O+ +  2N2

    H2O+ + H2O  → H3O+ +  OH .

    H3O+ + H2O + N2 → H+(H2O)2 +  N2

    H+(H2O)n-1 + H2O + N2 → H+(H2O)n +  N2

    Despois, prodúcese a ionización dos ións produto, que logo irán ó analizador de masas:

    H+(H2O)n + M → MH+(H2O)m +  (n-m)H2O

    MH+(H2O)m → MH+ + mH2O

    APCI ten as vantaxes de ESI da compatibilidade con técnicas de separación previas (HPLC, UHPLC...) e de ser unha técnica branda, con pouca fragmentación.

    Aplicacións: para moléculas de polaridade media-baixa, solubles, con heteroátomos, estables térmicamente ...

    Exemplos: esteroides, aldehidos, cetonas, ésteres, benzodiacepinas, alcois, ureas, ácidos graxos, PCBs, ...

  • Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica

    Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
    • Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782
      Santiago de Compostela
    • 881 816 242