Localización
- Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
DART basease na xeración de ións metaestables mediante a excitación dun gas inerte (helio ou nitróxeno) cun quentador cerámico e a unha temperatura desexada. Esta combinación forma unha especie de plasma quentado e cargado, que sae por unha reixa de saída que filtra os ións deixando os metaestables. O gas quentado reacciona co vapor de auga do ambiente e, a través dunha serie de reaccións secuenciais, protona a mostra.
A ionización DART permite unha análise rápida e directa de mostras sólidas e líquidas no seu estado nativo, con pouca fragmentación, alta sensibilidade e resolución (ao estar acoplada no equipo Impact) . É útil en aplicacións coma a seguridade alimentaria, a industria farmacéutica e medicina forense. As mostras poden ser disoltas e aplicadas nunha tira con reixa metálica fina, ou trozos en bruto (por exemplo, tecidos).
Para máis información, pódese consultar o vídeo desta ligazón:Pulsed Gas DART-MS for High Throughput Experimentation
Instrumentación: IMPACT II (Bruker).
Área de Infraestruturas de Investigación
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela