Localización
- Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 816 242
Nesta técnica, a enerxía empregada para ionizar a mostra e provocar a súa fragmentación é adquirida pola interacción con electróns libres emitidos dende un filamento de metal quentado electricamente. A cámara de ionización é mantida a baixa presión para minimizar as colisións ión-molécula. É unha técnica de ionización das chamadas “duras”, xa que as moléculas en fase gas nunha fonte de alto baleiro, reciben un bombardeo de electróns de alta enerxía que as fan fragmentar. Debido a isto obtense un espectro con moita fragmentación do ión molecular, dando moita información estrutural e moi pouca ou ningunha información molecular. Grazas a dita fragmentación pódese deducir o patrón de fragmentación da molécula analizada.
Aplicacións: É unha técnica especialmente utilizada para compostos apolares de volatilidade alta, peso molecular baixo (20-700 Da) e alta estabilidade térmica.
Exemplos: plaguicidas, pesticidas, PAHs, terpenos, ácidos graxos, FAMEs ....
Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 816 242