Localización
- Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 816 242
A precisión da masa vai aparellada coa resolución. En Baixa Resolución obtense unha relación m/z cunha exactitude de ata un decimal; mentres que en Alta Resolución obtense unha exactitude de ata catro decimais. Así, coa Alta Resolución pódese realizar o servicio adicional de Medida de Masa Exacta (MME), só dispoñible neste tipo de resolución agás na técnica de MALDI, xa que non son equipos axeitados para esa tarefa aínda que poidan medir en Alta Resolución.
A Medida de Masa Exacta é unha comparativa do pico experimental co pico teórico segundo a fórmula molecular de interese. Nela compárase a masa monoisotópica e o clúster de picos experimentais cos teóricos, en función da fórmula molecular, dando un cálculo do erro de m/z cometido e varios parámetros estatísticos (Score, mSigma) que valoran o grado de fiabilidade da medida. O erro de m/z dará a desviación que hai entre a masa experimental e a teórica en mDa ou ppm. O valor de mSigma dará a relación de axuste do patrón isotópico entre o teórico e o experimental, valorando a desviación estándar das masa e as intensidades de tódolos picos isotópicos. Os valores óptimos de mSigma serán < 50. O parámetro “Score” clasifica as fórmulas segundo a súa maior fiabilidade.
Instrumentación: microTOF (Bruker), Impact II (Bruker), timsTOF (Bruker), ORBITRAP EXPLORIS GC 240 (Thermo).
Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 816 242