Localización
- Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela


Trátase duna técnica de ionización atmosférica que permite a ionización multimodo de analitos tanto polares como non polares nunha única inxección. O efluente da columna nebulízase ó saír dunha sonda conectada a terra e quentada. O spray diríxese a un pin de aceiro inoxidable que se mantén a alto voltaxe. Isto crea gotas máis pequenas que as de ESI, o que aumenta a desolvatación dos ións. O fluxo nebulizado cúrvase arredor da superficie do pin impactador ata o cono de mostra debido ó efecto Coanda. Este mecanismo permite unha maior ionización e eficiencia de mostraxe.
A xeometría única da fonte de ionización UniSpray xera varios mecanismos diferentes para producir gotas máis pequenas e mellorar a desolvatación. Estes efectos combínanse para xerar un maior número de ións libres e adoita dar lugar a un aumento da resposta nunha ampla gama de compostos.
A fonte de ionización UniSpray ofrece:
- Maior eficacia de ionización: unha gama máis ampla de compostos ionizados nun único análise e posible aumento da sensibilidade.
- Redución da necesidade de cambiar a fonte de ionización entre diferentes análises.
Instrumentación: Xevo TQ Absolute (Waters).
Para máis información, pódese consultar a seguinte ligazón: Fuente de ionización UniSpray | Ionización por espectrometría de masas | Waters
Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 816 242