Localización
- Edificio de apoio á investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 816 261
-
Email
- magnetom [at] usc.gal
- Horario
- De luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00
As prestacións deste equipo permiten a caracterización magnética de materiais, as cales son unha ferramenta fundamental no estudo de imáns moleculares para o deseño de dispositivos de almacenamento de información e sistemas de computación cuántica, nanopartículas magnéticas con aplicacións como axentes de contraste, administradores de fármacos ou sistemas para terapia de hipertermia magnética; tamén se levará a cabo o desenvolvemento e estudo das propiedades de novos materiais supercondutores, imáns permanentes, e compostos similares, cubrindo ámbitos da química, física, ciencia dos materiais, biomedicina e biotecnoloxía.
Magnetómetro de tecnoloxía SQUID con sistema de funcionamento en ciclo pechado (cryogen-free evercool system).
Campo magnético de ± 7 Tesla.
Rango de temperatura de traballo, desde 1.8 K ata 400 K.
Imán supercondutor con alta homoxeneidade na zona de posicionamento da mostra e con sistema para desimanar o campo remanente.
Módulo de medida DC, sensibilidade de 5 x 10-8 emu (≤ 2,500 Oe) e 6 x 10-7 emu (> 2,500 Oe).
Módulo de medida VSM, sensibilidade de 1 x 10-8 emu (≤ 2,500 Oe) e 8 x 10-8 emu (> 2,500 Oe).
Módulo de medidas AC con intervalo de frecuencia de 0.1-1000 Hz e amplitude do campo de 0.1-10 Oe.
A adquisición deste equipamento foi financiada mediante a axuda EQC2021-007176-P da convocatoria do ano 2021, para a concesión de axudas para a adquisición de infraestruturas de investigación e equipamento científico-técnico da Agencia Estatal de Investigación a través de fondos NextGenerationEU.
Unidade de Magnetosusceptibilidade
- Edificio CACTUS. 1.ª Planta.
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela