As persoas con estudos de fóra de España poden cursar estudos en titulacións oficiais da USC e recibir apoio e orientación nos seus trámites.
A equipa de Study Abroad ofrece orientación e apoio nas diferentes modalidades de acceso á USC.
As persoas interesadas en cursar estudos poden transmitir as súas consultas referentes a:
- Estudar unha titulación completa oficial de grao ou mestrado
- Estudos de doutoramento
- Convalidar os estudos estranxeiros para finalizar o grao na USC
Ademáis, o alumnado poderá recibir axuda na tramitación de solicitude de visados.
O contacto poderá facerse por correo electrónico, teléfono, presencial ou reservando unha cita virtual coas compañeiras Antía e Marina.
Aínda que as datas de solicitude de acceso varían dunha modalidade a outra, cabe sinalar que tanto para mestrado como para doutoramento a USC lanza unha convocatoria anticipada exclusiva para o alumnado con estudos alleos ó Espazo Europeo de Eduación Superior.
O prazo das convocatorias ábrese normalmente entre febreiro e marzo.
Xa que os prezos públicos de matrícula varían dunha modalidade a outra, é recomendable que as persoas interesadas contacten coa equipa Study Abroad para recibir apoio e información individualizada.
Como referencia, aquí están os prezos de matrícula do curso académico 2023/24 nas titulacións oficiais de grao e mestrado para o alumnado alleo e pertencente ó Espazo Europeo de Educación Superior (EEES):
Alleos EEES
Grao | Mestrado | |
Epígrafe A | 1.089,20€ | 1.160,89€ |
Epígrafe B | 783,20€ | 854,89€ |
EEES
Grao | Mestrado | |
Epígrafe A | 835,80€ | 835,80€ |
Epígrafe B | 591€ | 591€ |
Oficina de Captación Internacional
- Pavillón de Estudantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- study.abroad [at] usc.gal