Ir o contido principal
Co-financiado pola UE
Os servizos, departamentos, grupos de investigación ou outras unidades da USC poden admitir estudantes de Prácticas Erasmus+

O programa Erasmus+ permite a realización de prácticas en empresas ou institucións, coa finalidade de contribuír a que as persoas se adapten ás esixencias do mercado laboral a escala comunitaria, adquiran aptitudes específicas e melloren a súa comprensión da contorna económica e social do país en cuestión, ao mesmo tempo que adquiren experiencia laboral. 

A concesión das Prácticas Erasmus+ realízase na universidade de orixe e o estudantado beneficiario pode escoller o lugar onde facer as prácticas sen necesidade de que exista un convenio bilateral Erasmus+ coa institución de envío, polo que a USC pode recibir candidaturas directamente de estudantes nos seus distintos servizos e departamentos.