
O proxecto Erasmus+ Spanish Universities for EU Projects é un proxecto de mobilidade Erasmus que ten como objectivo o desenvolvemento profesional de estudantes e recentemente egresados das Universidades que participan no consorcio no ámbito de proxectos europeos. Para buscar institucións tes que dar de alta o teu perfil na plataforma EU4EU. Dúbidas? Os estudantes interesados poden poñerse en contacto co coordinador do proxecto a través do correo movilidad [at] campusiberus.es (movilidad[at]campusiberus[dot]es) para recibir asesoramento na tramitación. Dá de alta o teu perfil na plataforma EU4EU e non te esquezas de ler a convocatoria:
Ademais, podes asistir a unha reunión informativa ERASMUS+ prácticas SUEP o día 21 de febreiro ás 14.00. Inscríbete en:
https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_ZEL2KseGTyu4svxPcqZ6eQ#/registration
Datas importantes
Inscricións: 17/02/2025 ata o 10/03/2025
Os candidatos que se inscriban antes do 23 de febreiro recibirán 5 puntos adicionais para os criterios de concesión da axuda.
Fase de matching: 24/02/2025 ata o 21/03/2025
Realización das prácticas: entre 30/04/2025 e o 31/12/2025
Duración das prácticas: polo menos 2 meses completos e consecutivos e ata un máximo de 12 meses por ciclo de estudos (como se describe no art.2). A cantidade máxima con financiamento será de 4 meses.
Destinatarios
Estudantes matriculados en calquera programa oficial de grao, máster ou doutoramento nas universidades participantes no consorcio, como a USC.
Información

Este proxecto está xestionado fóra da USC. Contacta con movilidad [at] campusiberus.es en Whatsapp ou Telegram.
Se tes consultas ao respecto como estudante da USC contacta por favor con erasmus.practicas [at] usc.gal.