Ir o contido principal
Co-financiado pola UE
Programa de mobilidade para estudantado de grao e mestrado para realizar prácticas en países europeos ao abeiro do programa Erasmus+

O programa Erasmus+ KA131 destaca como o programa líder de mobilidade en Europa. A través del, a Comisión Europea facilita a mobilidade de estudantes de todos os niveis educativos en diversas modalidades de intercambio en países da Unión Europea e outras nacións asociadas, como Noruega ou Turquía. 

Unha destas modalidades é a de prácticas, coa finalidade de contribuír a que as persoas se adapten ás demandas do mercado laboral a nivel comunitaria, adquiran habilidades específicas e melloren a súa comprensión da contorna económica e social do país en cuestión, ao mesmo tempo que obteñen experiencia laboral. 

A USC convoca anualmente prazas para que o estudantado matriculado en titulacións oficiais de grao e mestrado teña a oportunidade de realizar as súas prácticas a través deste programa. 

As consultas sobre o programa deben dirixirse a erasmus.practicas [at] usc.gal (erasmus[dot]practicas[at]usc[dot]gal)