A USC convoca axudas para prácticas para estudantes de grao ou máster en empresas ou institucións de países europeos ao abeiro do Programa Erasmus+.
As prácticas poden realizarse en empresas ou institucións de diverso carácter e por períodos mínimos de dous meses, cun máximo de 12 (ou 24 en determinadas titulacións).
A xestión deste programa lévase a cabo na Oficina de Mobilidade do Campus de Lugo, polo que as consultas específicas sobre o programa deben dirixirse aos contactos da Oficina en Lugo ou no correo erasmus.practicas [at] usc.gal.
- A convocatoria 2023/24 está xa pechada por finalización de fondos -
- Alumnado matriculado/a na USC en estudos oficiais de grao ou máster. No caso dos estudos de grao é necesario ter superado, como mínimo, o 50% dos créditos da titulación.
- Se se realiza a solicitude no último ano da titulación, é necesario contar coa asignación antes de realizar o depósito para a obtención do título e a estadía ten que completarse nos 12 meses seguintes á data de obtención do título.
- No caso de ter realizado unha mobilidade Erasmus+ no mesmo ciclo educativo (grao ou máster), o cómputo total non pode superar os 12 meses (ou 24 no caso das titulacións de Medicina, Odontoloxía, Farmacia e Veterinaria).
- No caso de solicitar dúas estadías en entidades de acollida distintas, a concesión da segunda estadía está condicionada á demanda do programa de prácticas, con menor prioridade que as primeiras solicitudes, e ten que realizarse cun mínimo de dous meses de antelación.
- Só será posible realizar unha mobilidade Erasmus+ por prácticas e outra por estudos se son consecutivas, non simultaneamente.
- Serán excluídas de oficio as candidaturas que non tivesen presentado aceptación ou renuncia formal ou que renunciasen sen causa xustificada fóra de prazo. en anteriores convocatorias de mobilidade xestionadas pola Oficina de Mobilidade.
Duración das prácticas
O período de mobilidade deberá realizarse entre o 1 de setembro de 2023 e o 30 de setembro de 2024.
A estadía mínima elixible é de dous meses, e a máxima é de 12 meses, dos que se financiarán un máximo de tres, sen prexuízo de que ao remate da estadía se lle poida solicitar a devolución de parte da axuda económica por incumprimento do período de estadía.
Bolsas
A contía da axuda económica vai parella ao período de mobilidade, ao país de destino e ao feito de ter sido bolseiro ordinario do Ministerio de Educación no curso 2022/23. É unha cantidade mensual fixa, ata un máximo de 3 meses.
Grupo País | Países | Importe |
---|---|---|
GRUPO 1 | Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega e Suecia | 460€/mes |
GRUPO 2 | Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Francia, Grecia, Italia, Malta, Países Baixos e PortugaL | 410€/mes |
GRUPO 3 | Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Macedonia do Norte, Polonia, República Checa, Romanía, Serbia e Turquía | 360€/mes |
Financiarase unha cantidade adicional á sinalada na táboa de 250 euros mensuais ao estudantado con menos oportunidades, nas situacións seguintes:
a) Ter sido beneficiario/a dunha bolsa de estudos de carácter xeral do Ministerio de Educación y Formación Profesional para realizar estudos universitarios e outros estudos superiores no curso inmediatamente anterior.
b) Ter a condición de refuxiado/a ou ter dereito á protección subsidiaria ou ben ter presentado a solicitude de protección internacional en España.
As resolucións de concesión son individuais e recíbense como notificación a través da Sede Electrónica.
Empresas/institucións admitidas
O estudantado é quen se encarga de buscar as prácticas. A organización de acollida pode ser calquera organización pública ou privada dun país do programa activa no mercado de traballo ou nos ámbitos da educación, a formación, a xuventude, a investigación e a innovación.
Quedan excluídas como organizacións de acollida:
- Institucións oficiais da UE e outros órganos da UE (https://europa.eu/european-union/about-eu/institutions-bodies_es).
- Organizacións que xestionen programas da UE, como as Axencias Nacionais de Erasmus+.
Axuda á busqueda da empresa/institución
A Oficina de Mobilidade pon á disposición do alumnado unha guía para a procura de empresas no lateral desta páxina e unha ligazón con oportunidades que poidan ir chegando: Oportunidades externas á USC | Universidade de Santiago de Compostela
Para facilitar os contactos coa empresa ou institución onde queiran realizarse as prácticas, o alumnado pode solicitar á Oficina de Mobilidade (erasmus.practicas [at] usc.gal (erasmus[dot]practicas[at]usc[dot]gal)) unha carta-presentación individualizada.
Para a presentación do CV, recoméndase usar o modelo de Europass e para a carta de presentación o modelo dispoñible en (https://europass.cedefop.europa.eu/es).
As ligazóns seguintes tamén facilitan a búsqueda de prácticas:
ANEXO-IV_CERTIFICADO_DE_CHEGADA
ANEXO-V_FORMULARIO_FIN_DE_PRESENZA
ANEXO-VI_ACORDO DE FORMACIÓN E COMPROMISO DE CALIDADE
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Santiago
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- international [at] usc.gal
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Lugo
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- internacional.lugo [at] usc.gal