Skip to main content
Convocatoria 2023/2024 para a realización de prácticas de estudantes de Grao e Máster en empresas ou institucións de países europeos a través do programa Erasmus+
Co-financiado pola UE

A USC convoca axudas para prácticas para estudantes de grao ou máster en empresas ou institucións de países europeos ao abeiro do Programa Erasmus+.

As prácticas poden realizarse en empresas ou institucións de diverso carácter e por períodos mínimos de dous meses, cun máximo de 12 (ou 24 en determinadas titulacións).

A xestión deste programa lévase a cabo na Oficina de Mobilidade do Campus de Lugo, polo que as consultas específicas sobre o programa deben dirixirse aos contactos da Oficina en Lugo ou no correo erasmus.practicas [at] usc.gal.