Ir o contido principal
Co-financiado pola UE
Programa de bolsas a estudantes para realizar estudos recoñecidos pola USC nas diversas universidades participantes no Programa Erasmus Plus en toda Europa.

O programa Erasmus+ KA131 destácase como o programa principal de mobilidade en Europa. A través de este programa, a Comisión Europea facilita a mobilidade de estudantes de todos os niveis educativos, ofrecendo diversas modalidades de intercambio en varios países da Unión Europea e outras nacións asociadas, como Noruega ou Turquía. 

Anualmente, a USC anuncia prazas para que o alumnado matriculado en programas oficiais de grao e mestrado teña a oportunidade de realizar estudos en universidades participantes no Programa Erasmus+. Estas universidades deben ter o convenio correspondente coa USC. 

É importante destacar que as becas Erasmus+ son compatibles con outras becas de carácter xeral, agás que se especifique o contrario na respectiva convocatoria. 

Enderezo electrónico de contacto: erasmus [at] usc.es (erasmus[at]usc[dot]es) 

Novas relacionadas