Convocatoria 2024/2025 para a mobilidade de estudantes de grao e mestrado (>60ECTS) a universidades socias da USC en Europa
A USC convoca axudas de mobilidade a universidades europeas ao abeiro do Programa Erasmus+ dirixidas ao estudantado da USC matriculado nun grao, dobre grao ou máster oficial de máis de 60 créditos ECTS.
As bases reguladoras do programa contéñense no documento da convocatoria. Para obter orientación durante o proceso, pódese pedir asesoramento aos/ás Responsables Académicos/as de Mobilidade (RAM) e coordinadores/as académicos/as de Erasmus de cada centro.
Enderezo electrónico de contacto: erasmus [at] usc.gal
Prazo de solicitude: 12/12/2023 (00.00h.) - 29/12/2023 (23.59h.)
A solicitude realizarase en liña, a través da Secretaría Virtual da USC.
O procedemento de selección estrutúrase en dúas fases:
- Na primeira fase compróbase a elixibilidade das persoas candidatas por cumprir os requisitos
- Na segunda fase, os centros asignan un destino ao alumnado, segundo o expediente académico, os coñecementos lingüísticos acreditados ou a adecuación ao programa ou convenio de intercambio.
Cabe sinalar que a adxudicación da praza de mobilidade na USC non implica que a persoa solicitante sexa necesariamente aceptada na institución de destino.
O número de créditos que ordinariamente se incluirán no acordo de estudos é o equivalente a 60 ECTS para un curso académico completo ou o equivalente a 30 ECTS para un semestre, aínda que poidan contemplarse outros límites de xeito excepcional e por circunstancias académicas acreditadas.
- Alumnado matriculado como estudante regular na USC no curso 2023/24 para realizar estudos oficiais de grao ou en másteres oficiais de máis de 60 ECTS e que vaia formalizar matrícula na USC na mesma titulación no curso 2024/25.
- Ter superado o 15% dos créditos da súa titulación, con data 31/10/2023.
- Coñecemento da lingua indicada para cada universidade de acollida no Anexo I (B1 ou nivel superior se o solicita a universidade de acollida).
A mobilidade pode ser para un semestre ou un curso académico completo, segundo o establecido entre a USC e a universidade de acollida.
Para ser considerada deberá ter unha duración mínima de 2 meses e máxima de 12 meses (ou 24 para Medicina, Odontoloxía, Farmacia e Veterinaria) e finalizar antes do 30 de setembro de 2024.
A contía da axuda económica de Erasmus+ vai parella ao período de mobilidade, ao país de destino e ao feito de ter sido bolseiro/a ordinario/a do Ministerio de Educación no curso anterior 2022/23.
Esta axuda da UE non terá que ser solicitada polo/a estudante, senón que a USC, como entidade colaboradora, solicitaraa e, no seu caso, aboaraa ao estudantado.
A título informativo, a seguinte táboa recolle as contías das axudas concedidas pola UE no curso 2023/24:
GRUPO DE PAÍSES DE DESTINO |
Axuda ordinaria |
Axuda para estudantado con menos oportunidades |
---|---|---|
GRUPO 1 |
350 €/mes 1 semestre (5m): 1.750 € Curso completo (9m): 3.150 € |
600 €/mes 1 semestre (5m): 3.000 € Curso completo (9m): 5.400 € |
GRUPO 2 |
300 €/mes 1 semestre (5m): 1.500 € Curso completo (9m): 2.700 € |
550 €/mes 1 semestre (5m): 2.750 € Curso completo (9m): 4.950 € |
GRUPO 3 |
250 €/mes 1 semestre (5m): 1.250 € Curso completo (9m): 2.250 € |
500 €/mes 1 semestre (5m): 2.500 € Curso completo (9m): 4.500 € |
Becas complementarias
Outras entidades poden ofrecer bolsas extra para financiar a mobilidade, como é o caso da Xunta de Galicia e o Banco Santander.
A solicitude destas bolsas deberá facela a persoa interesada. A USC, como mera entidade colaboradora, non garante a existencia nin determina as contías nin a duración desas axudas. Son mencionadas a efectos informativos e, en ningún caso, comprometerán legalmente á USC.
Ligazón á convocatoria no Taboleiro
Convocatoria: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/124477/carga.htm
Corrección de erros: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/124613/carga.htm
Resolucións derivadas da convocatoria
Lista provisional de solicitudes admitidas e excluidas Convocatoria Erasmus+ 2024/25: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/124719/carga.htm (9/01/2024)
Adxudicación definitiva de destinos Convocatoria Erasmus+ 2024/25: https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125424/carga.htm (28/02/2024)
Documentación posterior á concesión
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Santiago
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- international [at] usc.gal
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Lugo
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- internacional.lugo [at] usc.gal