Campañas de información e sensibilzación sanitaria
Durante todo o ano desenvólvense campañas sanitarias de carácter preventivo sobre un amplo abano de doenzas.
- Prevención de riscos cardiovasculares: valóranse os antecedentes familiares e persoais, consumo de tabaco e alcohol, sedentarismo, nivel de estrés, perímetro abdominal, tensión arterial, perfil lipídico e ECG.
- Prevención do estrés: valoramos o nivel de tensión laboral e familiar de todos os traballadores que acoden ao recoñecemento, non só por consideralo factor de risco cardiovascular, senón tamén para previr que se constitúa enfermidade en si mesma.
- Diagnóstico precoz do glaucoma: cando facemos o recoñecemento, unha das probas é a determinación da tensión ocular. Tamén se fai esta toma de tensión, se o consideramos oportuno, cando o traballador consulta por algunha doenza ocular. Todos os traballadores aos que se lles atopa alta a tensión ocular son remitidos ao oftalmólogo para a consulta específica coa finalidade de tratamento e evitar a posible evolución cara ao glaucoma, patoloxía silente, pero que pode con levar perda de visión por lesión do nervio óptico.
- Detección precoz do acoso laboral: realízase a través do Inventario de Acoso Laboral de Leyman, modificado por González Rivera. A análise coidadosa do cuestionario permítenos diagnosticar condutas relacionadas co acoso laboral.
- Prevención do alcoholismo e outras toxicomanías: procúrase detectar aquelas persoas que poidan estar consumindo drogas, para facer unha intervención directa sobre o problema, xa que o consumo ten unha incidencia negativa sobre o entorno do traballo, a produtividade e, principalmente, na sinistrabilidade.
- Prevención do tabaquismo e deshabituación tabáquica: son actividades realizadas durante todo o ano. Para iso contamos coa colaboración da Dra. Ana López, psicóloga da Unidade de Tabaquismo da Facultade de Psicoloxía.
- Prevención e diagnóstico precoz da hipertensión arterial: no caso de que durante o recoñecemento médico ou a consulta se detecte unha elevación da tensión arterial, facemos un MAPA (Monitorización Ambulatoria da Presión Arterial) para diagnosticar posibles hipertensións non coñecidas, pero tamén para facer prevención da hipertensión naqueles casos límite, controlando así un dos factores de risco da patoloxía cardiovascular.
- Prevención da obesidade: control de peso e do perímetro abdominal dada a súa importancia como factor de risco para outras patoloxías cardíacas, metabólicas...
- Prevención de lesións músculo-esqueléticas en lombo: nesta prevención non só cubre a información que se lle poida dar ao traballador na consulta, senón tamén cursos específicos para a prevención de riscos en traballadores que manipulan cargas. Neste apartado hai que salientar o labor de Dona Beatriz Guillán Pavón, diplomada en enfermaría especializada de Fisioterapia, para atender os traballadores da USC e facilitar a rápida recuperación de lesións músculo-esquéleticas e evitar a súa posible cronificación.
- Detección de ollo seco: mediante o cuestionario de ollo seco (cuestionario de Mc Monnies) para un tratamento da patoloxía coa colaboración da Facultade de Óptica e Optometría.
- Prevención /diagnóstico precoz do cancro:
- De colon mediante a determinación de sangue nas feces (test inmunocromatográfico que detecta inmunoglobulina humana: Hem-Check-2). O test é de doada realización para a persoa e a interpretación dos resultados faise no Servizo de Vixilancia da Saúde.
- De mama, mediante a palpación mamaria dos traballadores (homes ou mulleres) que acoden ao recoñecemento coa finalidade de valorar a posible presenza de anomalías susceptibles dunha consulta especializada. Tamén se fai a resultas de consultas específicas neste sentido.
- De próstata, mediante a determinación do PSA e tacto rectal, cando é preciso, dos traballadores (homes) que veñen ao recoñecemento ou que piden consulta por sintomatoloxía prostática.
- Prevención de accidentes laborais mediante a impartición de cursos específicos para a concienciación e implicación activa dos traballadores na prevención destes. A maioría dos accidentes pódense previr empregando equipos de protección individual.
- Prevención de enfermidades infecto-contaxiosas ou campañas de vacinación: vacinamos os traballadores, xa sexa porque o soliciten, porque van realizar viaxes a países con enfermidades endémicas, porque no seu posto de traballo pode haber risco de contaxio de enfermidades etc.
Servizo de Vixilancia da Saúde
- Casa de Vivendas de Funcionarios
- Avenida das Ciencias, 7, 15782Santiago de Compostela
- 881 814 520
- vixilanciasaude [at] usc.es
Servizo de Vixilancia da Saúde
- Edificio Administrativo Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 823 446
- 982 823 444