Ir o contido principal
Medidas de cardioprotección.
Imaxe: Pexels [Pixabay]

A Universidade de Santiago de Compostela decidiu adoptar medidas de cardioprotección nos seus campus, a través da instalación de desfibriladores semiautomáticos (DESA) e a formación dos seus traballadores para que saiban como actuar no caso de situacións de urxencia entre as que salienta a parada cardiorespiratoria. 

Non é necesario ser médico para salvar unha vida. Todo o que se necesita e coñecemento, algo de valor e os aparellos necesarios. A vida dunha persoa pode verse truncada por un paro cardíaco repentino. Pode ocorrerlle a calquera persoa, de calquera idade e en calquera momento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.08.2023.