Servizos e tarifas de Optometría
O Servizo de Óptica e Optometría atende clinicamente todo tipo de problemas relacionados coa atención primaria visual.
Atención primaria visual
- Realizar exames visuais con eficacia en cada unha das súas fases: anamnese, elección e realización de probas diagnósticas, establecemento de prognóstico, elección e execución do tratamento e redacción, se procede, de informes de remisión que establezan os niveis de colaboración con outros profesionais, a fin de garantir a mellor atención posible para o paciente.
- Asesorar e orientar ao paciente e familiares durante todo o tratamento.
- Comunicar as indicacións terapéuticas de saúde visual e as súas conclusións, ao paciente, familiares, e ao resto de profesionais que interveñen na súa atención, adaptándose ás características socioculturais de cada interlocutor.
- Deseñar e aplicar programas de prevención e mantemento relacionados coa saúde visual da poboación.
- Emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
Docentes
- Formar ao alumnado do grao como futuro axente de atención primaria visual. Adquirindo os coñecementos, habilidades e destrezas na realización de exames visuais dentro do campo de actuación da atención primaria.
Investigación
- Realizar proxectos de investigación que contribúan á produción de coñecementos no ámbito de Optometría, transmitindo o saber científico polos medios habituais.
- Participar de forma efectiva en grupos de traballo unidisciplinares e multidisciplinares en proxectos relacionados coa Optometría.
Formación continúa
- Ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.