Delegados/as de prevención
Competencias e relación de delegados e delegadas de prevención en centros e servizos da USC.
De acordo coa Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais, son competencias e facultades dos delegados e delegadas de prevención:
- Colaborar coa dirección da USC na mellora da acción preventiva.
- Promover e fomentar a cooperación do persoal na execución da normativa sobre prevención de riscos laborais.
- Ser consultados, con carácter previo á súa execución, sobre calquera decisión que poida ter efecto substancial sobre a seguridade e saúde do persoal.
- Exercer un labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.
- Acompañar aos técnicos nas avaliacións de carácter preventivo.
- Acompañar ós inspectores de traballo e seguridade social nas visitas e verificacións que realicen nos centros de traballo para comprobar o cumprimento da normativa sobre prevención de riscos laborais, podendo formular diante deles as observacións que estimen oportunas.
- Ter acceso á información e documentación relativa ás condicións de traballo que sexa necesaria para o exercicio das súas funcións. De xeito particular, os delegados e delegadas de prevención terán acceso á información e documentación referente a:
- Os riscos para a seguridade e a saúde do persoal e a súa avaliación.
- As medidas e actividades de protección e prevención aplicables ós devanditos riscos.
- Resultado dos controis periódicos das condicións de traballo e da actividade do persoal.
- Práctica dos controis do estado de saúde do persoal e conclusións obtidas dos mesmos.
- Relación de accidentes de traballo e enfermidades profesionais que ocasionen unha incapacidade laboral superior a un día de traballo.
- Situacións de emerxencia e medidas de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuacións.
- Ser informados dos danos producidos na saúde do persoal, unha vez que a USC tivera coñecemento deles. Os delegados e delegadas de prevención poden presentarse, aínda que sexa fora da súa xornada laboral, no lugar do accidente para coñecer as circunstancias nas que se produciu.
- Recibir da USC as informacións obtidas procedentes das persoas ou órganos encargados das actividades de protección e prevención na empresa, así como dos organismos competentes para a seguridade e saúde do persoal.
- Realizar visitas ós lugares de traballo para exercer un labor de vixilancia e control do estado das condicións de traballo. Para iso poden acceder a calquera zona do lugar de traballo e comunicarse co persoal titular dos postos sen que se altere o normal funcionamento do proceso produtivo.
- Solicitar da USC a adopción de medidas de carácter preventivo e para a mellora dos niveis de protección da seguridade e saúde do persoal, podendo facer propostas á dirección da USC ou ao CSS.
- Propoñer a paralización de actividades en caso de situación de risco grave e inminente.
Do acceso á información e documentación estarán expresamente excluídos os datos relativos ao estado de saúde do persoal. Os delegados e delegadas de prevención deberán observar sixilo profesional respecto das informacións ás que tivesen acceso como consecuencia da súa actuación na empresa. Asemade, aos datos protexidos conforme á Lei de Protección de Datos aplicaráselle o réxime de garantías da devandita lei e a súa normativa de desenvolvemento.
Representación | Nome e apelidos | Centro/Servizo |
---|---|---|
PDI funcionario | Jorge Proupín Castiñeiras | Facultade de Física (Física Aplicada) |
Xosé Manuel Pardo López | CITIUS | |
Benjamín Rey Sanjurjo | EPSE (Enxeñería Agroforestal) | |
María Rosa Mosquera Losada | EPSE | |
María Reyes Lage Vilar | UXA Sur | |
PDI laboral do Campus de Santiago | Alba Alonso Álvarez | Facultade de Ciencias Políticas (Ciencia Política e Socioloxía) |
Carlos Pérez Varela | Facultade de Filoloxía (Filoloxía Francesa) | |
Francisco Javier Fernández Fernandez | Facultade de Matemáticas (Análise Matemática) | |
David Nespereira Ulla | Área de Operación de Infraestruturas | |
Cristina Varela Portela | Facultade de Ciencias da Educación (Didáctica) | |
PDI laboral do Campus de Lugo | Alicia del Carmen Mondragón Portocarrero | Facultade de Veterinaria |
María Dolores Fernández Tilve | Facultade de Ciencias da Educación | |
PAS funcionario | Rodrigo Santiso Varela | Edificio Intercentros (Lugo) |
Francisco Cotón Raña | Biblioteca Intercentros de Física e Óptica | |
Catuxa Lombao Vázquez | UXA Norte | |
Álvaro Salteiro Leis | Facultade de Dereito | |
PAS Laboral do Campus de Santiago | Sandra Barca Bravo | CACTUS Santiago |
Fernando Sedano Arnáez | Área de Xestión e Valorización de I+D+i | |
Pilar Riveiro López | Servizo de Protección Radiolóxica | |
Antonio Pazos Álvarez | Facultade de Física | |
PAS Laboral do Campus de Lugo | María Fátima Carbón González | CACTUS Lugo |
Alba Noelia Prado Vázquez | Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría | |
Albina Román Castro | CACTUS de Lugo |