Breve currículum vítae
Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1988 e licenciada en Dereito tamén pola Universidade de Santiago de Compostela en 2008. Obtivo o Diploma do Curso Superior de Relacións Laborais, organizado conxuntamente pola USC e o Consello Galego de Relacións Laborais, en 1999. Asistiu a numerosos cursos de formación e xornadas sobre administración e xestión universitaria. Así mesmo, impartiu formación no ámbito da xestión universitaria.
Accedeu á escala de Escala de Xestión da Universidade de Santiago de Compostela como funcionaria de carreira en setembro de 1990 e á da Escala de Técnicos de Xestión da USC, integrada posteriormente na Escala de Técnicos Superiores de Administración da USC por resolución reitoral do 4 de marzo de 2004, en setembro de 1998.
No eido da experiencia profesional, desempeñou diversos postos de xestión na Universidade de Santiago de Compostela. Foi xefa da Sección de Control Interno, xefa do Servizo de Planificación e Programación Docente e de Persoal Docente e Investigador, vicexerenta de Recursos Humanos e xerenta en funcións.
Desde o ano 2018 desempeña o cargo de Secretaria Xeral da Universidade e desde 2019 preside o Grupo de Traballo de Delegados e Delegadas de Protección de Datos das Universidades asociadas a Crue e forma parte do Comité Executivo ampliado da Comisión Sectorial Crue-Secretarías Xerais.