Ir o contido principal

Vicerreitoría de Estudantes e Cultura

Pilar Murias Fernández

Fotografía de Pilar Murias Fernández

Breve currículum vítae

Naceu en Fórnea (Trabada, Lugo) en 1974. Licenciada en CC. Económicas e Doutora en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseira do Programa de Formación de Profesorado Universitario (FPU) do Ministerio de Educación e Ciencia no departamento de Economía Cuantitativa e traballa actualmente como profesora contratada doutora no departamento de Economía Aplicada.

Na actualidade é membro do grupo de investigación Métodos Cuantitativos e Xestión de Empresas Agroalimentarias e a súa actividade investigadora está relacionada fundamentalmente coa análise do benestar económico e outras medidas alternativas ao PIB, así como con indicadores sociais e avaliación da eficiencia mediante ferramentas non paramétricas.

No ámbito da xestión universitaria, durante os últimos catro anos veu desempeñando o cargo de Vicedecana de Estudantes e Relacións Internacionais na Facultade de CC. Económicas e Empresariais, sendo tamén Responsable Académica de Mobilidade (RAM) do centro durante este período.

Persoal

Secretaria de Dirección

M.ª Carmen Pumar García

Teléfonos
881 811 011
Email
vr.cultura@usc.gal
Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.11.2024.