
Creada en virtude dun convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e Cruz Roja Española a Cátedra ten como obxecto a promoción de actividades relacionadas coa mellora da calidade de vida das persoas maiores.
Fíxanse, entre outros, os seguintes obxectivos específicos:
- Fomentar a investigación relacionada coa atención e a mellora da calidade de vida das persoas maiores e do envellecemento;
- Realizar publicacións, cursos, seminarios, conferencias e outras actividades académicas que permitan o debate e a difusión do coñecemento relacionado co obxecto da Cátedra;
- Impulsar proxectos de investigación aplicada acordes ás liñas de actuación de Cruz Roja Española coas persoas maiores;
- Fomentar a inserción laboral de estudantes da USC e a formación de persoas vinculadas á Cruz Roja facendo posible a súa participación nas actividades impulsadas pola Cátedra;
- Potenciar a colaboración entre a USC e o sector non lucrativo.