
A Cátedra USC-SEMERGEN de Educación Médica xurdiu co obxectivo do promover a adquisición de habilidades e competencias profesionais entre o estudantado de medicina, con especial atención ao desenvolvemento de metodoloxías docentes baseadas na simulación. Asemade, a Cátedra promove o desenvolvemento de proxectos de investigación conxuntos entre a USC e SEMERGEN, participa na organización de cursos de formación de posgrao e impulsa a colaboración con asociacións de padientes en temas educativos.