O FacomFest premia as obras 'Toxos', 'Vulgaris' e 'No Name'
O festival de cine do estudantado galego desenvolveuse co apoio da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura
O festival de cine do estudantado galego desenvolveuse co apoio da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura
Cun importe que ascende a 314 millóns de euros, o xerente Xavier Ferreira destacou que estas son unhas liñas conservadoras en relación aos compromisos da USC pero permitirán o cumprimento da súa función social “e a obriga de facelo dende o principio de boa administración”
Nesta competición deportiva universitaria participan as tres universidades galegas xunto coas do norte de Portugal
Tras considerar as distintas propostas para a sede da próxima reunión que terá lugar na primavera de 2024, o pleno da Asemblea acordou avalar a candidatura presentada conxuntamente por USC, UDC e UVigo
O Proxecto Nós participará na 16ª edición da Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, que se celebrará do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra
O estudantado poderá enviar vídeos con cuestións matemáticas que responderán integrantes do consorcio
O galardón, concedido pola Xunta e as catro deputacións desde 1977, é un dos máis prestixiosos de Galicia
As facultades de Veterinaria e Ciencias Económicas e Empresariais acolleron as dúas últimas intervencións de tributo ao Seminario de Estudos Galegos no marco deste programa impulsado dende a Vicerreitoría de Estudantes e Cultura
Ferramentas TIC para mellorar a ortografía, uso de cancións pop como estratexia auditiva ou aprendizaxe a través das redes sociais son algunhas das experiencias que se comparten na Facultade de Ciencias de Educación ata o venres
Unha comisión de seguimento con representantes de ambas as institucións comezará a traballar “de forma inmediata” para concretar as accións en materia de urbanismo e infraestruturas, vivenda, mobilidade, transferencia de coñecemento, prácticas formativas e proxectos de aprendizaxe e servizo, dinamización social e cultural, e igualdade
O que fora profesor da USC e que acaba de facer 95 anos, foi homenaxeado na Facultade de Filoloxía en recoñecemento á súa “traxectoria limpa, laboriosa e comprometida”
Manuel Filgueira Lois falou da evolución desde o laboratorio psicotécnico do Seminario de Estudos Galegos ata o franquismo
Intercentros de Lugo, Concepción Arenal, Xeral, Ciencias Económicas e Empresariais e Dereito reforzan o seu servizo á comunidade universitaria
A tese de doutoramento desenvolvida na EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC por Alicia Fuertes Sánchez baixo a dirección de Nerea Oliveira, Roque Rodríguez e Hortensia Sixto mellora as predicións de biomasa no ámbito mediterráneo mediante un modelo sensible ao clima e á dispoñibilidade de recursos hídricos
A USC, a partir dunha iniciativa das comisións de normalización lingüística dos centros, pretende contribuír a este obxectivo cos Premios á calidade lingüística, fomentando unha cultura de calidade entre o alumnado ligada ao uso do galego.
A Cátedra Cruz Roja USC impulsa dous certames centrados na calidade de vida das persoas maiores